Traductor

viernes, 3 de abril de 2020

Servizo gratuíto de mediación de conflitos


O concello ofrece un servizo gratuíto de mediación de
conflitos derivados da situación de confinamento

En colaboración coa asociación CIMEGA, as e os coruñeses poderán resolver de forma confidencial problemas de carácter persoal, veciñal ou laboral, a través de persoas mediadoras deste colectivo, que as/os atenderán no teléfono 010



A Coruña, 3 de abril de 2020.- A Concellería de Benestar Social pon en marcha, en colaboración coa asociación Círculo de Mediación de Galicia (CIMEGA), un servizo telefónico gratuíto de mediación de conflitos derivados da situación de confinamento. Por mor da crise orixinada pola pandemia do Covid-19 e do estado de alarma decretado polo Goberno, as persoas están sufrindo cambios nas súas relacións persoais, familiares, veciñais, laborais e empresariais que xeran problemas na convivencia e que dificilmente se poderán resolver, se non é mediante mecanismos alternativos.  

O servizo é totalmente confidencial e non ten custo ningún. Prestarano persoas mediadoras asociadas a CIMEGA, que contribuirán desinteresadamente na atención dos conflitos que se produzan durante a crise sanitaria.

Poderanse tratar desde disputas no ámbito doméstico entre familiares ou entre nais e pais separados das súas fillas e fillos até posibles discusións dentro das comunidades de veciñas/os ou entre particulares, pero tamén no eido laboral e empresarial. Esta nova alternativa xestionarase a través do teléfono de información 010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario