Traductor

viernes, 29 de junio de 2018

"LXXXV Campionato de Galicia Absoluto"

"LXXXV Campionato de Galicia Absoluto Masculino – LI Campionato de Galicia Absoluto Feminino en Pista ao Aire Libre"

 

Unhas remodeladas pistas da Universidade de Elviña ultiman xa os últimos preparativos previos a disputa do Campionato de Galicia Absoluto, que convertirán a cidade herculina no epicentro do atletismo galego este sábado día 30 de xuño.

Lonxe queda xa aquel mes xullo do ano 1998 cando A Coruña recibirá por última vez a celebración deste evento e na que os nomes propios de aquela cita serían os de Julia Vaquero, Gustavo Dacal, Marta Míguez, Angeles Barreiro, ou Elisardo de la Torre.

Nesta edición contarase tamén ca participación de destacados atletas internacionais absolutos entre os que salientamos a presenza do heptaolímpico Frank Casañas en disco, Belén Toimil en disco e peso, Mauro Triana nos 200 m., Tariku Novales e Paula Mayobre nos 5.000 m., Ruth Ndoumbe en triplo ou Lidia Parada, Manuel Uriz e Borja Barbeito en xavelina por citar algúns. Non menos importante será a presencia dos xóvenes talentos internacionais do noso deporte como Olaia Guisela Becerril quen tomará parte no concurso de lonxitude, Eva Queimaño quen o fará e altura,  Irene Gómez en martelo, Raquel Meaños nos 800 m. Antía Chamosa na marcha, Lucía Sicre nos 800 m. ou mesmo Andrea González e Ivanna Carolina Román en xavelina.

As cita dará comezo as 10:30 do sábado dando remate sobre as 20:30 horas.

HORARIOS Y PRUEBAS:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario