O programa intensivo de coidado do espazo público ‘A pé de barrio’ chega hoxe á Gaiteira, logo de realizar máis de 1.350 actuacións de rexeneración urbana no Distrito 10
A plan municipal interveu, entre os meses de xuño e setembro, sobre 270 rúas das zonas da Torre, Orillamar, Durmideiras, Agra de San Amaro, Monte Alto, As Lagoas, Zalaeta, Orzán, As Atochas, Pelamios, Cidade Vella, Maestranza e Pescaría.
A Coruña, 26 de setembro de 2018.- O programa A Pé de Barrio inicia hoxe as súas actuacións
no barrio da Gaiteira. O plan municipal de coidado intensivo do espazo público chegou o pasado
martes, día 18, ao Distrito 8 da cidade, conformado tamén polos Castros, Catro Camiños, A
Sardiñeira, San Cristovo das viñas, Os Mallos, A Falperra, Santa Lucía e o Ensanche. En total, ao
longo de 46 días de traballo, os distintos servizos municipais realizarán, de xeito coordinado,
actuacións de coidado do espazo público en 242 vías da cidade, nas que procederán a efectuar
unha limpeza viaria profunda, ademais de 190 intervencións vinculadas á rexeneración urbana,
tales como reparación de pavimentado, revisión e reposición de sinalización vertical, pintado de
pasos peonís ou axustes en áreas biosaudables ou de xogo infantil.

“ A Pé de Barrio é un programa que se basea no reparto equitativo dos recursos municipais de
cara ao coidado do espazo público de toda a cidade, sendo, ademais, o máis importante dos que
se realizaron neste Concello ao actuar, de xeito integral, en todas e cada unha das rúas da
Coruña”, explica a concelleira de Medio Ambiente, María García, quen lembra que a iniciativa, que
visitará ao longo de 12 meses os dez distritos, supón tamén “un complemento dos servizos que o
Concello realiza acotío no territorio”, e que afecta, de maneira directa, ás áreas de Medio
Ambiente, Rexeneración Urbana, Mobilidade Sostible. “Estamos a falar dun programa que se
define pola transversalidade da súa execución e que busca optimizar os distintos servizos
implicados na súa posta en marcha”, apunta a edil.

A segunda edición de A Pé de Barrio botou a andar o pasado 19 de xuño no Distrito 10, zona na
que o Concello actuou, até o 17 de setembro, e que inclúe 13 barrios, como son A Torre,
Orillamar, Durmideiras, Monte Alto, As Lagoas, Agra de San Amaro, Zalaeta, Orzán, As Atochas,
Pelamios, Cidade Vella, Maestranza e Pescaría. Así, nestes tres meses, os servizos municipais
realizaron 1.356 actuacións de rexeneración urbana no distrito, como a mellora e conservación
das beirarrúas e superficies peonís ou a reparación de calzadas e eliminación de fochancas;
ademais de proceder á renovación de luminarias así como á conservación e mantemento de
fontes ornamentais, entre outras medidas.
En total, o plan municipal de coidado do espazo público supuxo unha limpeza viaria profunda con
auga a presión sobre 270 rúas deste distrito, nas que se retiraron herbas espontáneas, pintadas
do mobiliario público ou gomas de mascar, entre outros elementos, ademais de efectuar a limpeza
de pavimentos en zonas de áreas infantís e espazos lúdicos da veciñanza. Neste tempo,
realizáronse tamén actuacións de limpeza e reposición de contedores, eliminación de vexetación
espontánea, ademais do arranxo e substitución de papeleiras, intervencións de control de pragas
ou mantemento de parques e xardíns.

Durante os 91 días nos que se desenvolveron os traballos, ademais, o Concello informou da posta
en marcha do programa a máis de 1.000 establecementos comerciais e de hostalería do distrito,
“para informalos puntualmente dos cortes de rúa e prohibicións de estacionamento que se
producirán de cara ás diferentes actuacións, co obxectivo de diminuír as posibles molestias que se
poidan producir durante o desenvolvemento do plan”, sinala García.

A titular da área de Medio Ambiente lembra que, na súa primeira edición, A Pé de Barrio realizou
máis de 13.312 actuacións de coidado do espazo público e rexeneración urbana “repartidas de
forma equitativa por todas as zonas da cidade”. Así, fixéronse 7.618 intervencións de incremento
de arborado, reasentamento de tapas de rexistros da rede de sumidoiros ou control de pragas e
incidencias con aves, entre outras; 2.364 accións sobre alumeado público --que inclúen a
substitución de lámpadas, pintado de soportes ou correccións lumínicas, por exemplo--; 1.315
melloras en fontes ornamentais, incluíndo obras de eficiencia para o aforro de auga e electricidade; 1.433 actuacións de rexeneración urbana, que inclúen a mellora da accesibilidade
en beirarrúas ou repintado de pasos de peóns; e 1.032 accións en parques, xardíns e zonas
verdes da cidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario