O alcalde saúda a incorporación das tres principais centrais sindicais da cidade ao concurso de ideas impulsado para definir o futuro dos terreos portuarios
Xulio Ferreiro, que hoxe mantivo unha reunión con representantes de
CCOO, UXT e CIG --que formarán parte do comité asesor do xurado
institucional do concurso--, salienta a vocación do goberno local de
lograr, por medio da participación, elaborar “unha proposta de cidade”
para o bordo litoral.

A Coruña, 26 de setembro de 2018.- As tres principais centrais sindicais na cidade, CCOO, UXT
e CIG, participarán no xurado do Concurso de Ideas promovido polo goberno local co obxectivo de
axudar a definir, de xeito colectivo, os futuros usos dos terreos portuarios. Así o manifestou o
alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quen hoxe mantivo unha reunión cos representantes provinciais
dos tres sindicatos, Cristóbal González, Xosé Carrillo e Xabier Filgueira, na que tamén estivo
presente o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela. “O importante neste proceso é que
participe a cidadanía, crear un proxecto de cidade, e así se está a facer en distintos ámbitos”,
comentou ante os medios o rexedor, quen saudou e agradeceu a incorporación ao concurso dos
sindicatos e doutras institucións e entidades do ámbito veciñal, empresarial e universitario.
O goberno local presentou este verán o concurso de ideas para os terreos portuarios. O mesmo
ten como base as conclusións do Foro Tecendo Cidadá celebrado esta primavera, está aberto á
participación de calquera persoa ou colectivo que cumpra cos requisitos esixidos nas bases e que
presente a súa proposta de transformación e aproveitamento dos terreos do bordo litoral. Un
xurado institucional será o encargado de valorar e premiar as cinco propostas que considere
mellores, atendendo os criterios de valoración definidos xa nas propias bases do concurso e que
aseguran a integración urbana entre porto e cidade, a mobilidade e accesibilidade, a
sustentabilidade, o modelo económico innovador e a participación cidadá.

O xurado institucional do concurso estará conformado esencialmente, segundo explicou o alcalde,
por representantes das administracións implicadas no futuro do bordo litoral. “Pero tamén nos
parecía importante acompañalo de máis expertos e expertas doutros ámbitos e, en primeiro lugar,
da sociedade civil organizada. Por iso conformamos tamén un comité asesor, no que están
chamados a participar tanto os sindicatos, como representantes do mundo económico, acedémico
e veciñal da cidade, entre outros”, sinalou Ferreiro, quen agradeceu a implicación e
dispoñibilidade dos sindicatos neste proceso.

“O futuro do bordo litoral non se pode definir senón é de forma conxunta. Ademais da
representación existente no xurado deste concurso, queremos implicar de xeito directo a todo o
conxunto da cidadanía, que poderá valorar os proxectos e opinar sobre eles”, recordou o primeiro
edil, quen indicou que “todos estes elementos nos permitirán avanzar na elaboración dunha
proposta que implique ao conxunto da cidade” na definición do futuro da fachada atlántica.
“Esta é a primeira xuntanza oficial que tivemos, aínda que xa mantivemos encontros bilaterais con
outros axentes como a Universidade e entidades veciñais e empresariais, co que creo que
estamos a conseguir o que se pretende, que toda a cidade se involucre e poidamos presentar un
proxecto de transformación portuaria que sexa o de toda a veciñanza, non o do goberno municipal
nin o de ningunha outra administración. Un proxecto de cidade”, reflexionou.

No hay comentarios:
Publicar un comentario