A alcaldesa reafirmou o seu compromiso coa
accesibilidade universal na cidade durante a súa visita ás ás IV Xornadas
Solidarias de Deporte Inclusivo organizadas polo Club Torre
S.D.
Inés Rey subliña o seu compromiso de impulsar políticas inclusivas durante o seu mandato
A Coruña, 10 de xullo de 2019.- Durante á
visita ao campus do Torre SD, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reafirmou o seu
compromiso de impulsar políticas inclusivas e extensibles a todos os ámbitos
sociais durante o seu mandato. “Este campamento que organiza o Torre, no seu 90
aniversario, é un exemplo para todos nós xa que pon en valor o deporte adaptado
para integrar a todas as persoas con
diversidade funcional”.
Rey lembrou a intención do
goberno local de eliminar as barreiras arquitectónicas na
cidade e favorecer, deste xeito,
a mobilidade das persoas con
discapacidade.
Durante o percorrido polos campos da Torre, Inés
Rey agradeceu o traballo
do tecido social e deportivo
para facer unha
cidade máis aberta, plural e
igualitaria. Ademáis, garantizou
unha estrita colaboración do Concello coas entidades sociais veciñais e deportivas para chegar a
quen máis o necesite.
Na visita, Inés Rey estivo acompañada de Antonio
Dubra, presidente do club Torre S.D.,
organizador deste campus que se desenvolve durante dúas semanas, e no que
participan máis de cen persoas e
unha ampla rede de voluntarios. Promover a inclusión de
persoas con discapacidade á práctica do deporte son obxectivos deste campus que
se celebra na Torre na súa cuarta edición consecutiva”, apuntou Dubra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario