Deportes anuncia a integración das piscinas de Pedralonga na
futura cidade deportiva
Desde
a concellaría se permitirá este verán o uso das zonas das instalacións que non
presentan risco de seguridade de uso, para evitar prexuízos aos veciños
A Coruña, 11 de xullo de 2019.- O concelleiro de Deportes, Juan
Ignacio Borrego, confirmou esta mañá que dada a situación de inseguridade das
instalacións deportivas e de ocio de Pedralonga, este verán non se poderá facer
uso da piscina pequena ao non cumprir coas mínimas normativas esixidas.
Aínda así, para evitar prexuízos aos veciños do barrio
precintarase toda a instalación, e dacordo coas conversas mantidas in situ con
membros da asociación de veciños, acotarán con valos as zonas perigosas para
deixar uso nas que non o son, e que as poidan desfrutar os residentes. Por
outra parte, o perímetro en cuestión cedido polo Ministerio de Defensa ao
Concello, formará parte do proxecto anunciado polo Goberno local en campaña no
que se construirá unha cidade deportiva que lle suministre servizos a unha zona
carente deles.
Desde a Concellería de Deportes, lamentan que teñan
que pechar a infraestrutura para o baño, pero sinalan que coa obra serán preto
de 50.000 metros cadrados destinados a distintas especialidades deportivas coas
novas piscinas integradas.
Borrego explicou que este mesmo ano comezarán a
traballar na definición do proxecto para poder asignarlle un orzamento o ano
que vén.
O máis inmediato será saber exactamente as dimensións
que ocupará a cidade deportiva e co estudo na man, consultarán aos veciños para
que expoñan as súas necesidades e elaborar entre todos os contidos que se lle
dará á infraestrutura. Este investimento será aparte de outro tipo de
actividades deportivas que desde o departamento poden ter previstas organizar
en Pedralonga.
VISITA
O concelleiro Juan Ignacio Borrego comprobou en persoa
o estado de inseguridade das instalacións, nunha visita á que acudiron
representantes da asociación de veciños de Pedralonga e técnicos da Concellaría
de Deportes. O edil comunicoulles que ademais de deixar o uso para os
residentes das zonas seguras, o barrio poderá celebrar igualmente as súas
festas de agosto no emprazamento habitual.
De feito, xa comezaron os traballos de desbroce e
adecentamento das partes con xardín para que se poida facer uso delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario