Traductor

miércoles, 10 de julio de 2019

Melloras para Mesoiro


O Concello poñerá en marcha nos vindeiros meses melloras para Mesoiro

A alcaldesa Inés Rey comprobou en persoa cos responsables da asociación veciñal Xunqueiras as deficiencias urbanísticas e de seguridade viaria do barrio.





A Coruña, 10 de xullo de 2019.- A alcaldesa Inés Rey visitou esta mañá o barrio de Mesoiro, onde mantivo un encontro cos responsables da Asociación de Veciños Xunqueiras. Rey comprobou en persoa as deficiencias da zona e comprometeuse a mellorar os problemas urbanísticos e de seguridade viaria na estrada DP-D512, que comunica Mesoiro con Novo Mesoiro, para á que lle pediron a elevación de pasos e a redución de velocidade. 


Tamén lle reclamaron no percorrido a posta en valor do río Mesoiro, nas partes que non están soterradas para poder desfrutalas e recuperar este símbolo da cidade que está nun estado de abandono importante. Por outra parte, o colectivo informoulle á alcaldesa da dificultade de paso dos vehículos de seguridade, policía e ambulancias, así como dos camións encargados de recoller o lixo no barrio.


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario