Inés Rey anuncia o seu compromiso para impulsar os museos
científicos como sinal de identidade da cidade
A alcaldesa Inés Rey anunciou o seu
compromiso para recuperar os museos científicos como aceno de identidade da
cidade
Destacou a necesidade de recuperar
os museos para que volvan ser un foco educativo, un atractivo turístico e un
eixo da investigación científica
A alcaldesa reafirmou o seu
compromiso coas políticas sustentables da cidade e pretende contar co sector empresarial
como aliado neste labor
A Coruña, 17 de xullo
de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá o
seu compromiso para relanzar os museos científicos como aceno de identidade da
cidade para que volvan ser un referente educativo, de lecer e turístico. Os
museos, recalcou, deben renovarse constantemente para ofrecer novos contidos
que sorprendan aos visitantes. “Debemos potenciar de novo o seu protagonismo na
cidade”, apuntou a alcaldesa durante o
acto de inauguración de exposición “Bocados”, que tivo lugar esta mañá na Domus e na que estivo acompañada polo
concelleiro de Educación, Jesús Celemín,
e a concelleira de Turismo, Diana Cabanas.
“A recuperación dos museos científicos forma parte do
proxecto de cidade que o goberno local ten para A Coruña. Un proxecto que o
executivo quere sacar adiante ao longo deste mandato, e no que quere contar
como aliados coa Universidade e con institucións públicas e privadas da
cidade”, apuntou Rey.
Un compromiso, dixo, que se verá reflectido en
investimentos para manter e mellorar as instalacións actuais e poñer en marcha
un plan de renovación dos contidos e módulos dos museos co obxectivo de que
sexan centros de debate, focos de divulgación científica.
En canto ao contido da exposición, Rey indicou que
segue a liña que ten que instaurarse na cidade en materia de sustentabilidade.
“Unha mostra que nos convida a reflexionar sobre a maneira de combinar unha
alimentación correcta co coidado do noso planeta”.
Para iso, dixo, debemos pensar en global e actuar en
local con medidas eficaces e con campañas educativas. Por iso o Concello abre a
porta ás empresas innovadoras que queiran achegar a súa visión aos proxectos do
goberno local.

No hay comentarios:
Publicar un comentario