A Xunta de Goberno anula o
procedemento negociado sen publicidade para a prestación dos servizos
bibliotecarios ante a resolución do Tacgal
A alcaldesa Inés Rey afirma que o
Concello sacará unha nova licitación e que o importante é garantir a
estabilidade dos traballadores e os seus salarios.
A Coruña, 17 de xullo de 2019.-
A
Xunta de Goberno aprobou hoxe a anulación do procedemento negociado sen
publicidade para a prestación dos servizos bibliotecarios na rede municipal
ante a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da
Comunidade Autonómica de Galicia (Tacgal). A alcaldesa Inés Rey declarou
que non se atoparon indicios da “imperiosa urxencia” que motivou nese día esa
licenza e engadiu que sacarán unha nova licitación porque isto implica o pago
das facturas con reparos. A rexedora explicou que o máis importante é garantir
a estabilidade das traballadoras e traballadores e os seus salarios para que “o
servizo se preste en óptimas condicións”.
Ademais, na sesión se lle deron luzverde aos novos
pregos das cláusulas administrativas particulares para a contratación por
1.600.000 euros anuais da concesión
durante dous anos, prorrogables a outros dous, do servizo de axuda a domicilio
(SAD 1), en base ao cumprimento da resolución 37/2019 do Tribunal Administrativo de
Contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén se asinou a execución da sentenza firme do TSXG de 21/06/2018 pola que se
declara a nulidade do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o 25/01/2014
polo que se concedía licenza de obra para a construción dunha área destinada a
suministro de combustible no aparcamento a ceo aberto do hipermercado
Carrefour, sito na avenida Alfonso Molina.
Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do contrato do
servizo de grúa e depósito de vehículos estacionados na vía pública á UTE
composta por Valoriza Servicios Medio Ambientales S.A, Sogesel Desarrollo e Gestión S.L, dun
ano de duración comprendido entre o 31/07/2019 e o 30/07/2020.
En canto á infraestruturas, aprobouse a execución das obras nos
vestiarios e no campo de fútbol de herba artificial de Eirís e os traballos de
conservación e mantemento no terceiro departamento do cemiterio de San Amaro,
que estará financiado nun 80% polos fondos FEDER (Estratexia DUSI). Entre
outros puntos, autorizouse o gasto e aprobación da firma do convenio de colaboración
co Club Básquet Coruña e o Hockey Club Liceo de A Coruña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario