Traductor

martes, 9 de julio de 2019

Premios Pyme 2019


A alcaldesa acudiu á entrega dos terceiros Premios Pyme 2019, organizados pola Cámara de Comercio da Coruña e Santiago e o Banco Santander


Inés Rey: “A aposta do Goberno pasa por axudar e consolidar ás pemes, que son as que crean emprego e benestar social"  



A Coruña, 9 de xullo de 2019- A alcaldesa Inés Rey acudiu esta mañá á entrega da terceira edición dos Premios Pyme 2019, convocados pola Cámara de Comercio de A Coruña e Santiago e o Banco Santander, nun acto no que destacou a boa saúde das empresas coruñesas e o feito de que se presentaran ata 60 firmas da provincia a esta convocatoria, onde se distinguiu a Genesal co Premio Pyme 2019 e na que levaron accésits outras catro empresas como son Distribuciones Tikiting, Cofrico, Do Artesanato e Emociacción. 

Rey apuntou que “a aposta do Goberno local pasa por axudar e consolidar ás pemes que son as que crean emprego e benestar social á cidade”. Agradeceu tamén o labor da Cámara de Comercio pola súa implicación en novos proxectos “que se dirixen ao crecemento da cidade”. 

As gañadoras pasarán agora a competir coas seleccionadas no resto das provincias polo Pyme do Ano de España, unha oportunidade para intercambiar experiencias con outras iniciativas empresariais e sumar puntos de cara a mellorar a calidade do que ofrecen ao mercado. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario