O Concello recibe aos alumnos coas cualificacións máis altas das
pasadas probas Abau
A alcaldesa Inés Rey
animounos a seguir formándose no que lles gusta e no que crean para verter todo
ese talento nun futuro na cidade
A Coruña, 9 de
xullo de 2019- O Concello recibiu esta mañá aos alumnos que obtiveron unha
maior cualificación nas probas Abau de
2019, que foron recibidos pola alcaldesa Inés Rey e polo concelleiro de
Educación, Jesús Celemín. O acto celebrouse no salón de plenos onde foron
agasallados cunha bandexa coa Torre de Hércules gravada.
Os estudantes Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, do IES
Plurilingüe Eusebio da Guarda; Carmen Cadahía Veira, do IES Plurilingüe Rafael
Dieste; Alfredo Chavert Sancho, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; María
Aurora Delgado López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Álvaro González
López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Olalla Maceiras Outeda, do CPR
Eirís; Laura Pérez Pardo, do CPR Plurilingüe Compañía de María; Sara Pérez
Mancebo, do CPR Plurilingüe Cristo Rey; Pedro Piñeiro Otero, do CPR Plurilingüe
Cristo Rey; Álvaro Romero Martín, do CPR Plurilingüe Compañía de María; e Iago
Sánchez Fariñas, do CPR Eirís, acudiron ao Concello e intercambiaron palabras coa
rexidora que lles animou a que seguiran estudando o que lles guste e no que
cren e que a ser posible verteran ese talento nun futuro na cidade.
Rey valorou o esforzo de todos eles e das súas familias
“porque non está de máis que alguén o felicite” e dixo estar orgullosa en nome
da Corporación municipal do exemplo que dan.
A alcaldesa convidounos a que elixiran un camiño que os motive e “no que vos sintades cómodos” cunha formación sen présas xa sexa na Coruña ou fóra da cidade, pero que, en todo caso, disfrutasen da etapa adulta que comezan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario