Inés Rey destaca na
presentación da Feira do Libro o papel das bibliotecas municipais na vida
cultural da cidade
A
alcaldesa presentou a 48 da Feira do Libro de Coruña que contará nesta edición
coa presenza das 33 casetas.
Rey
destacou o papel da rede de bibliotecas no fomento e dinamización da lectura,
en especial entre os máis novos. Unha rede de bibliotecas que conta co maior
número de socios de Galicia, cun total de 97.601
A
Coruña, 29 de xullo de 2019.- A alcaldesa,
Inés Rey, subliñou o importante papel que desenvolve a rede de bibliotecas da
cidade no fomento e dinamización da lectura, en especial entre os máis novos e
súa implicación na organización da Feria do Libro de A Coruña. A rede de
bibliotecas é a maior de Galiza e a que conta con maior número de socios. Un
total de 97.601. A Coruña é un dos concellos que máis cartos adica ao servizo
da lectura pública.
Rey quere que A Coruña recupere o seu protagonismo no
panorama cultural galego. Que volva ser o centro da cultura galega. “aproveitar
todo a potencial cultura que temos”. Para iso, o goberno local creará un gran
evento que xire en torno ao Día das Letras Galegas. Un proxecto, apuntou Rey,
“no que quero contar co apoio da Real Academia Galega e dos libreiros da
cidade”.
Rey presentou esta mañá a 48 edición da Feira do Libro da
Coruña que, baixo o lema “Máis que palabras”, en homenaxe a Antón Fraguas, terá
lugar nos xardíns de Méndez Núñez entre os días 1 e 11 de agosto. A alcaldesa
sinalou que un ano máis os libros regresan aos xardíns de Méndez Núñez e fano
co respaldo do goberno local. “A feira do libro é unha das citas culturais máis
importante do verán; unha cita cos libreiros e editores da nosa comunidade na
que todos nos involucramos”, insistiu.
A alcaldesa destacou o labor e o esforzo que realizan os
libreiros no fomento da lectura e resaltou a necesidade de ver ao libreiro como
un profesional. “O seu traballo para impulsar a lectura entre os máis pequenos
é vital para o futuro dos libros”, apuntou
A alcaldesa estivo acompañada na presentación da
coordinadora da Federación de Librarías
de Galicia, Nani Regueira, e Jesús Espada, xefe da área de Cultura da
delegación territorial da Xunta.
A feira inaugúrase este xoves, día 1, ás 13.00 horas, e
será a poetisa coruñesa Pilar Pallarés a encargada de ler o pregón. O acto de
inauguración, como en edicións anteriores, será traducido á linguaxe de signos.
Ademais, das dúas carpas habilitadas polos responsables das
bibliotecas coruñesas, a feira contará con 33 casetas, tres institucionais,
nove de editoriais e 21 de librarías Serán once días cheos de presentacións,
firmas, encontros con escritores, actividades para nenos, e encontros con
ilustradores. Serán máis de 236 actividades. E 330 escritores e figuras do
mundo das letras que darán a coñecer as novidades literarias e participarán en
distintos coloquios. A Feria contará coa presenza de figuras destacadas como
Manuel Rivas, Domingo Villar y Carlos Bardem.
A coordinadora da Federación de Librarias de Galicia
agradeceu a colaboración das administracións públicas- Xunta, Deputación e
Concello- e das entidades privadas. “Sen o esforzo de todos non sería
posible celebrar esta feira do Libro e
poñela no lugar que lle
corresponde como un dos eventos máis importantes e visitados da nosa comunidade”,
subliñou, o tempo que pediu a concienciación da sociedade e que sigan
achegándose á súa libraría.
Para facilitar o acceso ao libro, dixo, os volumes adquiridos
nas casetas contarán cun 10% de desconto. O mesmo que sucederá o Día dás
Letras Galegas, e o Día do Libro que se
celebra o 23 de abril. Ademais, durante a feira celebrarase un sorteo diario
dun lote de libros e outros premios.
Pola súa banda, o xefe da área de Cultura da delegación
territorial de la Xunta na Coruña, Jesús Espada, sinalou que a Feira de Libro
forma parte do programa de dinamización da lectura que desenvolve a Xunta de
Galicia noutros 16 municipios. “O noso obxectivo é achegar a lectura aos
grandes pero, en especial, aos máis pequenos, con actividades atractivas”,
resaltou Espada, quen apuntou a necesidade de dinamizar o sector do comercio.
“É necesario crear moita vida arredor dos libros, porque os libros transforman
as cidades, hai que darlles vida na rúa”.
Para máis infirmación https://feiradolibrocoruna.com/



No hay comentarios:
Publicar un comentario