Presentación do proxecto educativo da Semente Coruña
O próximo xoves 18 de xullo ás 19 horas, no local veciñal do Campo de Marte, terá lugar a presentación do proxecto educativo Semente Corunha.
Semente Corunha é un proxecto educativo no que todas as actividades son desenvolvidas en lingua galega, favorecéndose a súa adquisición, conservación, coidado e consolidación.
Promove unha educación que atenda as necesidades específicas de cada unha das crianzas, que respecte os seus ritmos de aprendizaxe e de desenvolvemento, transmitindo valores como o respecto e coñecemento doutras culturas, a coeducación e o feminismo como forma de igualdade real, a interación coa natureza, a laicidade e o asemblearismo.
Se queres coñecelo en profundidade, achégate á Biblioteca Veciñal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario