A Xunta de Goberno Local aproba o nomeamento de tres directoras
de área
María
José Porto Cagiao será a directora da Área de Igualdade, Benestar Social e
Participación; Elvira Quintairos Lorenzo asume o cargo de directora de
Infraestruturas e Mobilidade e Angelika Lorenzen Ketterling estará ao frente da
dirección de Medio Ambiente e Sostenibilidad.
A Coruña, 12 de
xullo de 2019.- A Xunta de Goberno Local urxente celebrada hoxe
aprobou o nomeamento das tres novas directoras de área, María José Porto Cagiao, que asume a dirección da Área de Igualdade,
Benestar Social e Participación; Elvira Quintairos Lorenzo será a directora de
Infraestruturas e Mobilidade e Angelika Lorenzen Ketterling estará ao frente da
dirección da área de Medio Ambiente e Sostenibilidade
Representación municipal
Nesta sesión extraodinaria tamén forón nomeados os
representantes munipiais nos distintos órganos colexiados nos que participa o
goberno local. A alcaldesa, Inés Rey, representará ao goberno na asociación Red
Impulso e na Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI).
Juan Díaz Villoslada, edil de Urbanismo Vivenda,
Infraestructuras e Mobilidade será o representante municipal no consello da
Autoridade Portuaria. José Manuel Lage Tuñas, edil de Economía e Facenda, no
Consello de Administración de Gas Galicia, S.D.G.
Jesús Celemín Santos, edil de Educación, representará o
Concello no Padroado da Fundación Universidade da Coruña, no Patronato da
Biblioteca do Real Consulado, no Muncyt e na Rede de Dinamización Lingüística
de Galicia.
A edil de Igualdade, Benestar Social, Yoya Neira, estará
presente na Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia
(Aspronaga), no Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, no comité local da
Cruz Vermella e no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social.
Eva Martínez Acón será a representante no Consorcio Franco
da Coruña e na Escola
Universitaria de Relación Laborais, mentras que a
concelleira de Turismo, Diana Sobral, estará presente no Comité Nacional
Español de ICOMOS e no Consello Asesor de Telecomunicaciones e Audiovisual de
Galicia.
Delegación de competencias
Por outra banda, o órgano colexiado acordou delegar a
potestade sancionadora no titular da Dirección de Seguridade Cidadá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario