Traductor

martes, 9 de julio de 2019

SINTE O FLOW CORUÑA

Mañá celébrase o Festival de Cultura Urbana Sinte o Flow, un proxecto organizado polo servizo de Mocidade da Concellaría de Participación e Innovación Democrática en colaboración coa Asociación Vella Escola, no parque de Santa Margarita (zona do anfiteatro).

Esta terceira edición do festival consta dunha xornada de balde composta por #obradoiros participativos dirixidos á #xuventude e mostras ou exhibicións para o público xeral.



Festival de cultura urbana SINTE O FLOW mañá no parque de Santa Margarita (á altura do anfiteatro) 👯‍♂
🤸‍♀️Obradoiro de #breakdance e #skateboarding, #skatepark móvil, jam de danzas urbanas e moitas máis actividades... ¡Non o podes perder!
 
HORARIOS

09:00 – 11:30 h Montaxe

11:30 – 14:00 h Obradoiros.

15:00 – 16:00 h Probas de son.

16:00 – 21:00 h Quedada aberta de skate Quedada aberta de parkour Uso libre da zona de baile.

17:00 – 18:00 h Obradoiro de beatbox (aberto ao público)

 18:00 – 21:00 h Competición All Styles 2vs2 (danzas urbanas) Uso libre do skatepark.

19:00 – 19:20 h Exhibición de flat land (bmx) *Realízase nos descansos da competición

20:00 – 20:20 h Exhibición de breakdance *Realízase nos descansos da competición.

21:00 – 21:30 Peche

No hay comentarios:

Publicar un comentario