A Coruña, Arteixo e Culleredo ultiman a posta en marcha da liña
24
Juan
Díaz Villoslada mantivo esta mañá unha reunión cos rexedores de Culleredo, José
Ramón Rioboo, e de Arteixo, Carlos Calvelo, na que concretaron aspectos
técnicos para a posta en marcha da ruta.
A Coruña, 16 de xullo de 2019.- O edil de
Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes de
Arteixo e Culleredo, Carlos Calvelo e José Ramón Rioboo, para concretar distintos
aspectos técnicos da ruta para a prolongación do bus urbano da líña 24 que
conectará A Coruña con tres urbanizacións da Zapateira, situadas nos concellos
limítrofes dos dous municipios.
O edil de Mobilidade confía en axilizar a posta en marcha
do novo servizo e que comece a funcionar canto antes. Os representantes
municipais, xunto con técnicos da Xunta, profundaron en aspectos importantes
relativos á seguridade vial das novas paradas e confían que en breve a ruta
comece a funcionar.
A prolongación da liña 24 de autobuses chegará a catro
urbanizacións da Zapateira situadas limítrofes cos concellos de Arteixo e
Culleredo que ata o de agora non tiñan servizo.
A nova traxecto
inclúe seis expedicións diarias ata
Montegolf, Vallesur e As
Oliveiras nos días laborables, tres os sábados e dous os domingos e festivos, e
responde as vellas demandas veciñais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario