O concello ampliará e
modernizará a zona
de xogos do parque infantil dos Rosales
O
Goberno local inicia na praza Elíptica do barrio dos Rosales o seu proxecto de
ampliación, renovación e modernización das zonas de xogo infantil da cidade
A Coruña, 9 de agosto de 2019.-
O concello deulles luz verde ás obras de ampliación e reforma da zona de xogos
infantís do parque dos Rosales. As obras, cuxo custo ascende a 165.289,25
euros, poñeranse en marcha antes de que finalice o ano. O prazo de execución
será de tres meses.
O Goberno local inicia así o seu plan de reforma dos
espazos infantís da cidade na súa aposta pola modernización das áreas de xogo e
de dotar de maiores elementos a aqueles parques que, como o dos Rosales,
presenten un certo déficit na oferta lúdica de xogos. A intención do proxecto,
sinalan desde o concello, é a de crear un novo parque infantil moderno e
innovador; un espazo de lecer para o barrio.
Desde o concello sinalan que esta actuación se
enmarca dentro dun plan integral de revisión de todos os barrios da cidade que
recolle tamén novas medidas de limpeza nas instalacións.
Con esta
iniciativa, o Goberno local responde a unha vella demanda da veciñanza deste
barrio coruñés, que considera insuficiente a zona de xogos e que leva anos
reclamando actuacións de mellora no parque. O parque dos Rosales é un dos
barrios con maior poboación infantil y conta con varias zonas para todas as
idades con áreas diferentes e xogos adaptados. Os maiores tamén disponen de seu
propio espazo e hai unha zona deportiva para os mais grandes. A oferta
deportiva do barrio completase cunha pista de skate.
As obras de reforma consistirán na retirada dos
elementos de xogo infantil que hai na actualidade e eliminación do pavimento de
cemento rodado que será substituído por
chan de caucho e céspede artificial co obxectivo de ampliar o espazo de xogos.
As actuacións completaranse coa instalación de novos xogos e melloras nas
superficies de xardín e arboreda. Entre os novos xogos que se instalarán na
praza, hai bambáns, diversos elementos de equilibrio e túneles. O proxecto
incorpora a eliminación da caixa de area da zona infantil de nenas e nenos de
menos idade e a colocación de novas randeeiras.
Por outra banda, a área que utilizan as crianzas de
maior idade conta na actualidade con dúas estruturas. A idea é eliminar unha
delas e na outra instalaranse novas randeeiras e un elemento de xogo dinámico.
As actuacións inclúen a creación dunha caixa de area con xogos dinámicos no
espazo verde situado en fronte da área infantil.
Tamén se plantarán novos exemplares no campo da
arboleda, respetando os actuáis, e colocaranse novos bancos que servirán para
separar as dúas zonas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario