A Xunta de Goberno deixará sen
efecto o encargo a Emvsa para a prestación de servizos nas bibliotecas
A Xunta aprobará a contratación de obras de
repavimentación de calzadas por valor de 508.325 euros
A Coruña, 12 de agosto de 2019.- A Xunta de Goberno aprobará deixar sen efecto
o encargo a Emvsa para lle prestar servizos bibliotecarios á Rede de
Bibliotecas Municipais da cidade (Ágora, Fórum, Sagrada Familia, Os Rosales e
Infantil e Xuvenil), así como os servizos de apoio técnico e operativo, co
propósito de poder seguir a tramitación do servizo. Desta maneira, quedará sen
efecto o encargo á entidade municipal de vivendas co fin de tramitar a
licitación dun novo servizo que garanta os postos de traballo dos actuais
traballadores/as das bibliotecas.
Na área de Infrestructuras, a Xunta de Goberno somete
a aprobación a contratación das obras de repavimentación de calzadas no
distrito 8 que comprende as zonas de Eirís, Oza, Casablanca e As Xubias e o distrito 9 que inclue Mesoiro,
Pocomaco e campus de Elviña, cuxo custo ascende a 508.325,27 euros.
Por outra banda, tamén se lle dará luz verde ao
proxecto do Bosque das Cinco Illas, por un importe de 1.764.664,60 euros.
Trátase dunha reforma integral e de mellora das zonas verdes que rodean o
barrio dos Rosales. O bosque ocupará un espazo de 84.000 metros de gran valor
ambiental e ecolóxico, destinado a mellorar a calidade de vida da veciñanza. O
proxecto recolle a creación dunha zona de xardín e de arboredo, árbores
froiteiras, zonas de lecer, xogo e espazos para facer deporte. Conectará o
barrio dos Rosales co Monte de San Pedro. Será o parque máis grande da cidade,
despois do de Bens e do de Eirís.
A Xunta de Goberno acordará outorgarlle á Axencia
Galega de Infraestruturas a licenza para rehabilitar o edificio administrativo
da rúa Gregorio Hernández, número 2. A antiga delegación de Sanidade
converterase así no novo espazo público Amizar, que o Goberno autonómico
destinará a servizos sociais. O prazo para iniciar as obras será de 6 meses e
de 24 para as executar.
Outro dos asuntos aos que lles dará o visto e prace a
Xunta de Goberno Local é á designación de varias/os concelleiras/os como
representantes municipais nos distintos órganos colexiados de interese público.
A alcaldesa, Inés Rey, presidirá o Consello de
Administración de Emvsa, que contará coa presenza dos edís socialistas Juan
Manuel Villoslada e Yoya Neira. Tamén serán designados Beatriz Mato, Rosa
Gallego e Roberto Deus polo Partido Popular; Silvia Cameán e Xiao Varela pola Marea Atlántica; e Avia
Veira polo BNG.
Tamén Inés Rey e o edil de Cultura, Jesús Celemín,
serán nomeados representantes do Goberno local no Consorcio para a Promoción da
Música, que contará no seu consello coa presenza de: Roberto Coira, do Partido
Popular; Iago Martínez, da Marea Atlántica, Iago Martínez; e Mónica Martínez,
de Cidadáns.
Diana Cabanas, edila de Turismo, e Jesús Celemín representarán o concello no Consorcio
de Turismo, mentres que o Partido Popular e a Marea Atlántica estarán
representados por Alberto Lema e Nazareth Cendán, respectivamente.
Inés Rey presidirá o padroado da Fundación Luís
Seoane, que contará no seu consello co concelleiro Iago Martínez, da Marea
Atlántica, e coa concelleira do BNG, Avia Veira.
A Xunta
de Goberno Local designa para o Consello de Administración de Emalcsa a alcaldesa, Inés Rey, e as e os concelleiros Esther Fontán, titular de Medio Ambiente,
e José Manuel Lage, voceiro e responsable de Réxime
Interior. Por parte do PP, a Beatriz Mato, Roberto Rodríguez e Teresa
Gutiérrez. Do grupo da Marea
Atlántica nomea a María García e Iago Martínez. O
portavoz do BNG, Francisco Jorquera, será o representante dos nacionalistas
neste órgano.
Tamén se nomeará a alcaldesa como
presidenta do padroado da Fundación
Emalcsa. Yoya Neira, Juan
Ignacio Borrego (PSOE), Roberto García,
Esperanza
Peñalosa, Teresa Gutiérrez (PP), Silvia Cameán, María
García (Marea) e Francisco Jorquera (BNG) tamén estarán no padroado.
O consello de EDAR Bens terá como representantes a
Inés Rey e Esther Fontán por parte do Goberno local e a Esperaza Peñalosa, María
García e Mónica Martínez, do PP, Marea e Cidadáns, respectivamente.
Por último, a Xunta ratificará unha multa de 12.100
euros a un establecemento situado na rúa Rey Abdulah por superar os niveis
máximos de ruídos permitidos. O local dispón de permiso para a actividade de
café teatro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario