A Asociación da Prensa concentra por datas a historia
dunha cidade en continua transformación
A alcaldesa Inés Rey
agradeceu o traballo do colectivo en colaboración coa Compañía de Tranvías e
animou aos coruñeses a mercar esta peza de coleccionismo
A Coruña, 1 de agosto de 2019.- A alcaldesa
Inés Rey acudiu esta tarde á presentación dunha nova edición do Calendario Histórico
de A Coruña, na libraría Arenas. A novidade contén máis de 600 fitos históricos
que tiveron lugar na cidade e que ordenados por días. Están acompañados de
trece fotografías antigas procedentes da colección Bartolomé-Chavert,
seleccionadas pola Asociación da Prensa coruñesa, en colaboración coa Compañía
de Tranvías.
A rexedora destacou a magnífica exposición dos
acontecementos e comprobou que o 15 de xuño está xa gravado para a historia
como o día da investidura da primeira alcaldesa democrática: “É unha xoia, e
poder ver a cidade e como a transformamos en 114 anos” porque aínda que sexan
períodos historicamente pequenos, explicou, as modificacións nótanse non só en
matería urbanística, tamén no transporte: “Como antes me comentaban, a liña que
aparece de bus non ten número porque nada máis que había unha”. Rey animou a
mercar esta peza de coleccionismo para que nas futuras entregas apareza a
cidade actual con “fotos da fachada marítima, da Cidade das Tic e o que nos
queda por fotografar, sen retoques para que os nosos descendentes poidan ver o
que pasou”, apuntou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario