Borrego asegura que os campos da Torre son accesibles a toda a
cidadanía
O
concelleiro de Deportes precisou que hai que cumprir coa normativa para o seu
desfrute e que se está a buscar unha solución para que, cando as instalacións
non alberguen competicións oficiais, poidan ser utilizadas por un público máis
familiar
A
Coruña, 22 de agosto de 2019.-
O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, asegura que o uso
das instalacións do campo da Torre é accesible a toda a cidadanía que o
solicite e que, en ningún caso, cambiou a normativa existente ata o momento.
Recorda o edil que a cidade deportiva como todos os equipamientos dependentes
da concellería teñen un uso regulado, polo que hai que cumprir coa normativa
que “é alugar a infraestrutura e calquera persoa pode facelo”.
Borrego insiste en que a instalación está aberta para
todo o público e que o seu uso non está restrinxido unicamente a clubs e
federacións: “Calquera grupo que se achegue alí por una taxa de preto de oito
euros ten unha hora de medio campo con vestiario e ducha, 16,74 euros ata 25
persoas poden desfrutar do campo enteiro, e por tres euros poden xogar ao pádel
ata catro persoas, prezos moi asequibles para desfrutar da instalación”.
Neste aspecto, sinala que o Concello é responsable
civil de todo o que ocorre dentro e fóra dos campos. No caso da Torre, explica
que a instalación non está nunca parada polo acceso que dá ás instalacións de
golf, ao contrario que pasa cos campos da Leyma ou o da Grela, que pechan cando
non hai competición: “Estamos traballando para buscar unha solución
precisamente na época na que está sen actividade oficial para facilitarlle o
acceso ás familias con todos os riscos cubertos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario