O Concello ofrece a súa total colaboración á
ONCE nos seus proxectos de inclusión social
A
alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co presidente do Consello Territorial
da ONCE para coñecer as actuacións da entidade en materia de inclusión social
A Coruña, 7 de agosto de 2019.-
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita ao presidente do
Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro, nunha visita
de carácter institucional para coñecer os distintos proxectos nos que traballa
a entidade.
A alcaldesa comentou que durante a reunión agradeceu
o labor levada a cabo pola ONCE na cidade. e ofreceulle a total colaboración do
Concello en todas aquelas actuacións que sirvan para avanzar cara a unha maior
igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade.
Ademais, o encontro tamén serviu para analizar as
liñas nas que o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (
Cermi) está a traballar para o Congreso de CERMIS Autonómicos de 2019, que se
desenvolverá na Coruña o 17 e 18 de outubro. O comité, entre outros asuntos,
expón a necesidade de mellorar os incentivos aos autónomos con discapacidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario