Medio Ambiente estuda alternativas “non tóxicas” para a
supresión das malas herbas nas rúas da cidade
·        
Esther
Fontán, asegura que non se utiliza ningún produto tóxico para erradicar as
herbas e tamén que se descartou o uso do ácido acético
·       
Fontán
púxose en contacto con diferentes empresas que utilizan sistemas baseados en
fontes de calor e productos biodegradables
A Coruña, 21 de agosto de 2019.- A titular da concellería de Medio Ambiente, Esther
Fontán, asegurou que está estudando novas medidas para eliminar as malas herbas
na cidade ante as queixas da veciñanza. Fontán reitera que non se está a
utilizar glifosato, nin ningún outro produto tóxico para eliminar as herbas das
beirarrúas e vías da cidade. “Non se utiliza 
glifosato nin nos xardíns,  nin nos
parques, nin nas beirarrúas da cidade”, insiste a concelleira. 
O sistema empregado actualmente, baseado no uso do
vinagre, non garante a erradicación destas herbas nas vías públicas e
beirarrúas, segundo os técnicos de Medio Ambiente. Descartouse polo tanto o uso
do ácido acético como alternativa aos herbicidas para erradicar a vexetación
que medra indiscriminadamente pola cidade por consideralo “totalmente ineficaz”
e por contribuír ademáis a acidificación do solo.   
Fontán mantivo contactos con expertos en química, bioloxía e mesmo enxeñería agraria co fin de atopar unha solución que combine a máxima efectividade co mínimo impacto no medio natural e nas persoas.
“Desde esta concellería estase entrando en contacto con diferentes empresas que utilizan sistemas baseados en fontes de calor e produtos biodegradables co fin de realizar demostracións destas técnicas sobre o terreo”. Por outra banda, desde a concellería trasladan unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns asegurando que “non se utilizará ningún método daniño para a saúde dos veciños e veciñas, nin para o medio ambiente”.

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario