A Marea Atlántica pregúntalle ao
goberno municipal polo uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e o
mantemento de parques 
Estes produtos, que se empregan
sobre todo por motivos estéticos, foron eliminados no mandato anterior polo seu
risco para a saúde e o ecosistema.
Non debemos volver ao pasado: hai alternativas sen
impacto ambiental, coma os medios mecánicos para retirar a vexetación espontánea, xa previstos no novo
contrato de limpeza viaria.
O grupo municipal da Marea Atlántica
rexistrou unha pregunta escrita para solicitarlle ao goberno da Coruña
información sobre o uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e no mantemento
de parques e xardíns. No anterior mandato, este tipo de sustancias foron
eliminadas debido ao seu risco para a saúde — informes da OMS e sentenzas
xudiciais relacionan o glifosato con certos tipos de linfoma— e polo seu grave
impacto ambiental, nos solos, nas augas e na fauna.
Ademais, o Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro,
obriga a elaborar plans de traballo para o uso de herbicidas no espazo público,
a solicitar permisos con 10 días de antelación e a informar á poboación do
risco destas substancias.  
María García, voceira municipal da Marea Atlántica,
sinala quesubstituír o glifosato por outros productos semellantes pode ser unha
boa actuación propagandistica, pero non resolve ningún dos riscos que ten o uso
destes produtos. Son moitas as cidades que están a renunciar a empregar
produtos contaminantes nas súas rúas. Na Coruña non debemos volver ao pasado”.  
A alternativa limpa: extracción
mecánica 
Como explica María García, “o uso de herbicidas nas
cidades é, fundamentalmente, por motivos estéticos, para eliminar a vexetación
espontánea nas rúas”. Pero existen mellores alternativas “sen impacto ambiental
e con maiores garantías sanitarias e ecolóxicas, coma os medios mecánicos para
arrincar a vexetación de raíz, que xa están previstos no contrato de limpeza
viaria actualmente en licitación”. 
Os pregos inclúen un equipo de 10 persoas para a retirada
mecánica de herbas espontáneas da vía pública, que traballarán de luns a sábado
durante todo o ano, cun orzamento anual de 385.885,35 €. Por todo isto, demandamos coñecer se o goberno municipal pensa reintroducir o uso de
herbicidas tóxicos no espazo público, nunha decisión.

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario