Lage asegura que o pago da reforma da cuberta do estadio de
Riazor se “fará coas máximas garantías”
O pleno aproba o plan
económico financeiro que recolle un aumento do teito de gasto en 1,7 millóns de
euros
A Coruña, 31 de xullo de 2019.- O pleno aprobou esta mañá un modificativo de
crédito, para facer fronte ao pago de obrigas extraxudiciais, e o recoñecemento
de facturas entre as que se destaca os 3 millóns de euros para Tranvías, e un
suplemento de crédito de 943.000 euros para prover o pago do sobrecusto
detectado na reforma do estadio de Riazor.
O pago desta última actuación
farase, segundo o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, “unha vez se
finalice a investigación aberta sobre a orixe do desvío e os motivos do
sobrecusto”.
“O pago desa factura farase
sempre coas máximas garantías, e cando conte co aval de todos os servizos
técnicos municipais”, apuntou Lage, que durante a intervención deixou claro que
“abrimos unha investigación porque nos sorprendeu o desvío dun 12% no custo da
obra”. Nesa líña, o goberno asumiu como propia a redacción dunha emenda de
adicción presentada por Marea Atlántica ao entender que a mesma se axusta ao
traballo de investigación que xa viña realizando o Goberno local e que consiste
en dotar de seguridade xurídica ao Concello.
Lage explicou que “o Goberno ten
plena confianza na profesionalidade dos servizos técnicos municipais, que serán
os que informen con garantías a tramitación da citada factura de Riazor”.
Este punto do modificativo contou
tamén coa aprobación e o respaldo dos grupos municipais do BNG e de Ciudadanos,
que pediron tamén un control exhaustivo sobre os contratos e os pagos de
débedas por parte do Concello.
A emenda presentada polo grupo
popular para que se retirara da orde do día a aprobación do modificativo foi
rexeitada polo resto de grupos ao entender que supón un retraso na xestión
ordinaria do Concello.
Lage explicou que “con este
goberno local se abre unha nova etapa, se algún grupo busca a confrontación
pola confrontación non nos vai atopar”. Poñemos por riba de todos os intereses
xerais da cidade, e nesa liña a man está tendida a todos os grupos”.
O pleno aprobou tamén, coa
abstención do grupo popular, o plan económico e financeiro 2019-2020 presentado
polo Goberno local e que despois de seguir os pasos indicados desde a Dirección
Xeral de Política Financeira da Xunta.
O Goberno local introduciu algunhas
modificacións sobre o plan elaborado polo goberno de Marea Atlántica co obxecto
de incrementar o teito de gasto para os anos 2019 e 2010. O novo documento, que
responde á obriga do Concello por vulnerar en 2018 a regra do teito de gasto,
recolle un incremento para 2019 de 1,7 millóns de euros e que para 2020 pasará
de 224,58 millóns a 226,31 millóns de euros.
O documento limítase a facer
viable o gasto e a manter unha vixilancia máis estrita do mesmo, adaptándose á
normativa en vigor. Laxe expresou o seu desexo de que Pedro Sánchez sexa
investido presidente o antes posible e España conte cun goberno estable. Nesa
liña lembrou a necesidade de poñer en marcha as reformas legais necesarias para
darlle fin ás leis de Montoro e Rajoy que “estrangulan e amordazan a capacidade
operativa das corporacións locais”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario