O
Concello subliña o seu compromiso coa igualdade na Carreira da Muller
Concelleiros
da Corporación Municipal participan na Carreira da Muller, que reuniu a máis de 8.000 persoas e
trasncurriu nun ambiente festivo
A Coruña, 22 de setembro de 2019.- A VII edición da Carreira da
Muller reuniu hoxe na Coruña a máis de 8.000 persoas que gozaron nun ambiente
festivo dun evento marcado por un forte carácter reivindicativo. Unha carreira
que lidera a aposta polo deporte inclusivo, a loita contra o cancro e o non
rotundo á violencia machista.
Neste sentido, os concelleiros que participaron na carreira
subliñaron o compromiso do Concello coa igualdade e a loita contra a violencia
de xénero. Un compromiso que se verá reflectido nas políticas transversais no
ámbito educativo e social que o Goberno
local desenvolverá ao longo do próximo ano.
A carreira comezou con puntualidade e, segundo os datos da
Policía Local, o tráfico non se viu afectado de maneira importante e non houbo
incidencias.


No hay comentarios:
Publicar un comentario