O Campionato da Coruña
inicia a senda
"verde" do triatlón español
A
concelleria de Deportes colabora na entrega de material reutilizable aos
atletas e organizará actividades de sensibilización en defensa dun deporte máis
sustentable
A Coruña, 21 de setembro de 2019.-
A concellería de Deportes anuncia que a sustentabilidade marcará a celebración
das carreiras que terán lugar durante o Campionato de España de Tríatlon que
decorrerán polo arco costeiro da Coruña os días 28 e 29 de setembro. O material
reutilizable, as actividades de sensibilización do público e as áreas de
separación de residuos son tres das accións que impulsaron o campionato a ser a
primeira que leva a marca "Sustainable sport event".
O deporte non só ten que esforzarse en gañar carreiras,
senón tamén en loitar polo planeta. Esa é a filosofía absolutamente compartida
polo Concello da Coruña e a Federación Española de Tríatlon, organizadores do
evento deportivo que trae uns mil participantes deste deporte á capital galega.
As liñas de actuación desenvólvense en tres áreas, segundo
o seu público. Aos e ás triatletas entregaráselles unha botella de aluminio
reutilizable logo da súa acreditación como participantes. Cada un recibirá
tamén unha bolsa de poliéster reciclado, que contén todo o material de
carreira. A botella de aluminio considérase un agasallo capaz de concienciar
sobre o abuso de pequenas botellas de auga dun só uso.
Por outra banda, o aprovisionamento das transicións, María
Pita e A Mariña (tras o Rosalía) disporán de colectores de lixo para os
diferentes residuos orgánicos e inorgánicos. E por último, algunhas empresas
colaboradoras, como Coca Cola, estarán involucradas en actividades lúdicas
relacionadas co medio ambiente e a reciclaxe, con actividades de
entretemento e paneis informativos sobre o respecto ambiental necesario na vida
actual.
Así mesmo, tanto o voluntariado como as persoas que
compoñen o staff técnico da carreira recibirán botellas de aluminio que se
poden encher en dispensadores de auga. Estas persoas non poderán usar pequenas
botellas de auga.
O campionato comeza un camiño sen retorno de cara á
sustentabilidade, xa que o mundo do tríatlon irá progresivamente adaptándose ás
novas causas universais de aforro enerxético e xestión sustentable.
Inés Rey subliña o decisivo papel
dos concellos na cohesión social de España
A alcaldesa asegura que “fará do diálogo institucional unha das
pedras angulares do seu mandato”.
Inés Rey participa hoxe no XII Pleno da FEMP que se celebra en
Madrid
A Coruña, 4 de septiembre de 2019.-
A alcaldesa, Inés Rey, subliña que na vertebración e cohesión social de España
xoga un papel fundamental o municipalismo. As Administracións que están máis a
carón das persoas, que coñecen en primeira persoa os seus problemas. A
alcaldesa, que participa hoxe no XII Pleno da FEMP en Madrid, considera que
despois de 40 anos de democracia nos Concellos, cumpre reforzar a cooperación
institucional como instrumento decisivo para mellorar o benestar e a calidade
de vida da cidadanía,
Nesta liña, o “Goberno Municipal da Coruña fará do diálogo
institucional unha das pedras angulares da súa actuación nos vindeiros anos”,
engade Inés Rey.
A Liña 24 do bus urbano
dará servizo á Zapateira desde o luns con novas frecuencias
A
prolongación da liña 24 que dará servizo desde o luns as urbanizacións de Montegolf, Vallesur e As Oliveiras, nos
municipios de Culleredo e Arteixo, fai necesario reorganizar os horarios da
ruta
A Coruña, 21
de setembro de 2019.- A liña do bus urbano 24 chegará a partir
do luns a toda A Zapateira, tal e como
anunciou hai uns días o concelleiro de Urbanismo e Mobilidad, Juan Díaz Villoslada. Deste xeito, dáse resposta a unha
vella demanda veciñal e un paso máis nas melloras da mobilidade entre A Coruña
e os municipios da área metropolitana.
A compañía de Tranvías da Coruña
sinala que a prolongación da liña obriga a facer unha reorganización na ruta
entre a Praza de Pontevedra e Vallesur, polo que haberá cambios nos horarios. O
novo itinerario de Tranvías inclúe seis frecuencias diarias a Montegolf,
Vallesur e as Oliveiras nos días laborables, mentres que os sábados
serán tres e os domingos e festivos só dous.
O percorrido de
bus aprobado é desde a actual parada do Carón ata as paradas en urbanización as
Oliveiras pola travesía da Xesteira. O regreso é pola mesma travesía para tomar
a travesía da Cornixa ata as portas da urbanización Montegolf, onde se daría a volta cara á
parada de O Carón, e de novo retomar o percorrido habitual da liña.
As expedicións son as seguintes:
Saídas desde Praza de Pontevedra a
Vallesur
Laborables: 07:05; 08:00; 14:00;
15:00; 20:30; 22:25, estás duás últimas na liña 24A Sábados: 10:00; 14:00;
22:00 -
Festivos: 14:00; 22:45
Saídas desde Vallesur a Praza de Pontevedra
Laborables: 07:25; 08:25; 14:25; 15:25; 20:55; 22:50;
as dúas últimas na liña 24
Sábados: 10:25; 14:25; 22:25
Festivos: 14:25; 23:10


No hay comentarios:
Publicar un comentario