Traductor

domingo, 29 de septiembre de 2019

DITAME DO XURADO DOS PRENIOS PRISMAS


DITAME DO XURADO DA XXXII CONVOCATORIA DOS PRISMAS CASA DAS CIENCIAS Á DIVULGACIÓN




Unha reportaxe de televisión que expón un proxecto científico dirixido a revivir unha especie extinguida empregando as técnicas de edición xenética; un medio dixital galego especializado na divulgación científica; un libro sobre Einstein que describe os seus descubrimentos e teorías situándoos no contexto que lle tocou vivir; un texto inédito que desvela o que ocorre detrás da investigación científica, humanizando o labor dos investigadores, coas súas luces e as súas sombras; un artigo que analiza os estudos sobre os cocientes intelectuais, a validez das súas conclusións e a utilización deste tipo de informacións; unha peza de radio no que se fala da ciencia realizada nas condicións máis extremas, desde a Amazonia á Antártida; e un novo formato que fusiona nun único espectáculo a maxia da radio, a proximidade do teatro e a beleza do cinema para contar a historia da física Agustina Ruiz Dupont, obtiveron os Prismas de Bronce nesta trixésimo segunda convocatoria.

O Prisma Especial do Xurado foi para Rafael Bachiller García, investigador especialista en astronomía, con gran prestixio internacional e recoñecida capacidade de divulgar, a través de diversos formatos, conceptos propios do seu campo de forma brillante e cunha perspectiva histórica.

Os premios Prismas son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballan neste campo. Os premios Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 16 de novembro de 2019.

Cadro de honra 2019


• Mellor traballo en vídeo: “Desextinció: revivir una especie”, reportaxe do programa “Quèquicom”, emitido en TV3.

• Mellor novo medio: portal GCiencia”.

Mellor libro editado: “Einstein para perplejos”, de José Edelstein e Andrés Gomberoff, editado por Debate.

Mellor texto inédito: “La trastienda de la ciencia” de Miguel Angel Sabadell.

• Mellor artigo xornalístico: No, el ser humano no se está volviendo cada vez más tonto”, de Sergio Ferrer, publicado en Agencia SINC.

• Mellor traballo en radio: “Ciencia Extrema: de la Amazonía a la Antártida”, de Ciencia Cruda.

• Mellor proxecto singular: Triformato “El Enigma Agustina: contar una historia desde la radio, el cine y el teatro”.
                                                                                                               
• Prisma Especial do Xurado:  Rafael Bachiller García.


Ademais o xurado otorgou as seguintes mencións honoríficas:

- Na modalidade de novo medio: páxina web do CNIO
- Na modalidade de proxecto singular:Ciencia en el Parlamento”.


Composición do Xurado:
Presidente: Lluis Montoliu José, investigador científico do CSIC.

Estivo composto ademais por:
- Esther Rodríguez Belmonte, profesora titular da Universidade da Coruña.
- María José Rodríguez Malmierca, responsable de eLearning no Centro de
Supercomputación de Galicia.
- Javier Salas Quesada, xornalista científico en Materia.
- Marta Palomo de Udaeta, investigadora e comunicadora científica.
- César López García, responsable da unidade  Fomento da cultura científica da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario