Inés Rey comprometeuse a establecer unha comunicación fluída coa
Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios
A alcaldesa resaltou a importante labor social
e de integración que leva a cabo a entidade na cidade dende hai 54 anos
A Coruña, 4 de setembro de 2019.- Na mañá deste mércores a
rexedora Inés Rey reuniuse con representantes da Asociación Provincial de Amas
de Casa, Consumidores y Usuarios para establecer as posibles vías participativas
e de colaboración da entidade co Goberno local co obxectivo de manter entre
ambos un contacto fluído de cara a solucionar as principais demandas da
veciñanza da Coruña.
No encontro, as representantes veciñais falaron con
Rey sobre temas xerais como a visible mellora da limpeza viaria da cidade e a
necesidade dun reforzo no servizo de recollida de residuos na zona centro da
cidade, limpeza de pintadas ou o botellón. A alcaldesa avanzou a intención de
estudar programas que incidirán no coidado do espazo público coma a
racionalización dos horarios do servizo de recollida de residuos, a realización
de concursos de murais ou a programación de actividades que dean alternativas
de ocio aos máis mozos.
A rexedora agradeceu a importante labor que leva a
cabo a entidade a través das diferentes accións formativas e divulgativas, como
a escola de corte e confección, de empoderamento ou o grupo de teatro.
A presidenta da entidade, Rosa Otero, destacou a
actitude de cooperación da alcaldesa e da concellería de Igualdade, Benestar
Social e Participación, e agasallouna cun libro do 50 aniversario da asociación
e cun do Congreso de Juventud y Nuevos Retos. A presidenta da asociación
convidou a Inés Rey ao acto de inauguración do curso escolar das diferentes actividades
que se imparten na asociación e aos actos do Día da amistade.
Benestar Social fará un estudo para coñecer a demanda real das
escolas infantís
A concelleira Yoya Neira explicou, na súa visita ao centro dos
Rosales, que aínda queda algunha praza para as e os bebés de 0 a 1 anos
A Coruña, 4 de setembro de 2019.- A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira,
visitou esta mañá a Escola Municipal dos Rosales no primeiro día de curso, no
que comezaron as e os bebés de 0 a 1 anos. A edila explicou que nesta franxa de
idade aínda quedan algunhas prazas por cubrir, pero para dous e tres anos están
todas as vacantes cubertas.
En concreto, a oferta educativa actual é de 829
prazas. Desde a concellería, Neira explicou que farán un estudo para saber que
escolas teñen maior demanda, ben sexa por barrios ou por zonas de traballo, coa
finalidade de darlle resposta nos vindeiros anos.
Por iso, están recadando datos sobre o número de
solicitudes completo e, en función das necesidades por proximidade de domicilio
ou emprego, tratarán de aumentar a oferta educativa para nenas e nenos de 0 a 3
anos: “Hai que ter un mapa claro na cabeza dos lugares onde se precisan máis
prazas para darlles cobertura nas existentes ou abordar outra escola infantil”.
O Concello aposta por
incrementar o investimento público en infraestruturas necesarias para a cidade
A alcaldesa, Inés Rey, e o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada,
confían en que o Goberno local poida sacar adiante uns orzamentos claramente
investidores e ter así maior capacidade de execución.
Villoslada asegura que se reforzaron os equipos que traballan na
tramitación de licenzas urbanísticas para axilizar o prazo de concesión que
sofre un “certo atraso”.
A Coruña, 4 de septiembre de 2019.-
O Goberno local aposta por incrementar o investimento público en grandes
infraestruturas para a cidade. O edil de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz
Villoslada, asegura que o Concello aposta por “unha gran reactivación, por unha
banda, da capacidade de investimento que ten o Concello en infraestrutura
pública e, por outra, na capacidade que teñen a iniciativa pública e privada á
hora de levar adiante desenvolvementos urbanísticos dentro do plan xeral con
todas as garantías”. Dous alicerces, aclara, fundamentais.
Con todo, lembra, que moitas das grandes obras
públicas pendentes na cidade, como a estación intermodal, necesitan da
colaboración de distintas administracións e do seu compromiso coa cidade. “Algo
que non debe de servir de escusa para que o Concello faga o seu traballo”,
sinalou.
No ámbito das actuacións nas que colaboran distintas
administracións, Villoslada confirmou que o Concello está “á espera de que o
Ministerio de Fomento ultime os proxectos de ampliación de Alfonso Molina, e
asegura que Adif xa está a traballar na licitación da parte que lle corresponde
na remodelación ferroviaria de San Cristobo”.
Tamén anunciou que o departamento de Urbanismo está a reforzar os
equipos de traballo para axilizar a xestión do trámite de licenzas tanto de
grandes obras como de pequenas “que se atopaban nun estado de atraso”.
E outro aspecto no que se debe traballar, explicou, é
en mellorar a capacidade do departamento de planeamento para levar a cabo
moitas modificacións que teñen que saír adiante.
Juan Díaz Villoslada fixo estas declaracións momentos
antes da reunión que mantivo xunto coa alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da
Asociación Provincial da Construción da Coruña, Apecco, Diego Vázquez Reino,
para fixar a folla de roteiro e as liñas de actuación que garantan un diálogo
fluído entre o Goberno local e a entidade. A reunión enmárcase na rolda de
contactos que a alcaldesa mantén desde que chegou a María Pita con todas as
institucións e entidades da cidade.
Inés Rey, que coincide co presidente de Apecco no
diagnose de parálise que vive a cidade en materia urbanística, asegurou que o
Goberno local traballa para que A Coruña volva ser o motor económico de
Galicia. ”A legalidade non está rifada coa axilidade administrativa, coa
dinamización económica e con darlle un impulso á actividade económica da
cidade”, sinalou. Un impulso, dixo, que pasa pola dilixencia para executar os
orzamentos e os investimentos con totais garantías para a administración e o
resto de sectores.
O
presidente de Apecco, que amosou a súa satisfacción pola aposta do Goberno
local de axilizar os trámites para a obtención de licenzas urbanísticas, pediu
tamén que se acelere a licitación de obra pública e que se adxudique conforme á lei
de Contratos do Sector Público en base á mellor relación calidade-prezo.
Diego Vázquez Reino, que estaba acompañado da nova
directiva, agradeceu a alcaldesa e o edil de Urbanismo a súa actitude
colaboradora e dialogante ante a situación que vive o sector da construción.



No hay comentarios:
Publicar un comentario