Benestar Social realizará campañas de prevención da ludopatía
nos colexios
A
concelleira Yoya Neira presentou o XX Congreso FEJAR, en que colabora o
concello, e que tratará de nos concienciar esta fin de semana, na Fundación
Barrié, sobre unha adicción que afecta cada vez a idades máis temperás
A Coruña, 26 de setembro de 2019.- A concelleira de Benestar Social, Yoya
Neira, presentou esta mañá o XX Congreso FEJAR, que terá lugar desde mañá ata o
domingo na Fundación Barrié, organizado pola Federación Española de Xogadores
de Azar Rehabilitados e Agalure (Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados)
e que coincide co 25 aniversario desta última. Os responsables de ambas as
entidades, Máximo Gutiérrez e Francisco Gil, acudiron á presentación en que a
edila destacou que a ludopatía é unha das cuestións que “máis nos preocupan pola
incidencia en idades cada vez máis temperás, coa normalización social que supón
este momento e que está tendo unhas consecuencias incalculables para as
familias”.
Esta cita, que leva o lema de “Prever e
concienciar”, é fundamental, segundo Neira, para lle darmos visibilidade e
entra dentro dos dous grandes pivotes sobre os que a concellería vai traballar,
como son as/os maiores e as/os menores: “Faremos campañas de concienciación
coas asociacións que levan tantos anos traballando e que son as que coñecen de
primeira man como evolucionan, neste caso, as adiccións ao xogo”. A concelleira
sinalou que solicitarán a colaboración dos centros educativos de primaria e
secundaria e a das asociacións de nais e pais de alumnos, co fin de abordar un
problema que, en moitas ocasións, está minimizado.
Por iso, Neira remarcou a importancia do congreso,
xa que poñerá o foco sobre unha realidade e daralles unha visión de esperanza a
todas as familias que teñen a un ser querido pasando por esta situación: “Por
parte das administracións temos que traballar para que deixen de ser normais
comportamentos que non o son”. Pola súa parte, Máximo Gutiérrez valorou
positivamente que se desenvolvan campañas como xa existen sobre outras
adiccións porque “non é posible que o que vexamos na prensa sexan anuncios para
publicitar xogos e ningunha sobre a ludopatía” cando “a baixada da media de
idade vai a unha velocidade tremenda”.
O presidente da federación explicou que se antes os
períodos de latencia entre que unha persoa empeza a xogar até que se converte
en ludópata eran de seis a oito anos, na actualidade son de menos dun ano: “É
fundamental tratalo, concienciar a sociedade de que a actividade de xogo é
lúdica para algunhas persoas e noutras causa danos irreparables”.
Engadiu que outra das materias é a de informar as
familias sobre as ferramentas que existen para acender as alarmas. Desde
Agalure, Francisco Gil confirmou que na Coruña a tendencia é a mesma que no
resto do Estado e que se en 2015 contabilizaban 40 persoas en busca dunha
diagnose, hoxe serían 100.
A Coruña camiña firme cara ao
deporte inclusivo co proxecto
“Escoita”
O
Concello organiza unha mesa de traballo para a posta en marcha do proxecto
“Escoita”, unha iniciativa que permitirá que as persoas con discapacidade
visual poidan desfrutar dos eventos deportivos da cidade en tempo real
A Coruña, 26 de setembro de 2019.-
O Concello da Coruña puso en marcha esta maña unha mesa de traballo para
supervisar a evolución do proxecto “Escoita” impulsado pola Concellería de
Deportes que dirixe Juan Ignacio Borrrego e que permitirá ás persoas con
discapacidade visual recibir en tempo real a audiodescrición dos eventos
deportivos que se realicen no Estadio de Riazor e nos pavillóns deportivos.
Persoas que necesitan de dispositivos sonoros que os guíen sobre o que está
acontecendo en todo momento, e así desfrutar dos encontros. Un proxecto
pioneiro en España no camiño de favorecer a accesibilidade de persoas con
dicapacidade visual nos eventos deportivos.
Borrego mostrouse convencido de “que o sistema pódese
trasladar a calquer evento deportivo, queremos que se coñeza por parte da Liga
Profesional, da ACB e por todas as asociacións deportivas que poidan instalar
un sistema que rompe barreiras”
“Sería un primeiro paso para implantar en toda España este
sistema de accesibilidade, non só en partidos de fútbol ou grandes eventos
deportivos, senón en deportes non tan maioritarios como o hóckey ou o
balonmán”, apuntou Borrego.
O edil confía en que no mes de outubro sexa posible por en
marcha o proxecto “posto que as cuestión técnicas son fácilmente asumibles. Tan
só falta firmar o protocolo de uso para que as persoas saiban onde poden coller
os dispositivos”. Neste senso, anunciou o edil, o programa arrincará coa
adquisición de entre dez e quince receptores e será o Real Club Deportivo o que
ceda unha cabina no estadio para as retransmisións.
No programa están involucrados ademais do Concello: o R. C. Deportivo da Coruña; a Facultade de Comunicación Audiovisual da
Universidade da Coruña; o Colexio de
Telecomunicacións de Galicia; a Asociación
da Prensa da Coruña; as emisoras de radio locais (SER, COPE, Onda Cero, Radio Voz, Radio Marca, Radio Galega) e a ONCE. “Unha alianza entre entidades
deportivas, sociais e educativas”, sinalou o edil, que non descarta novas
incorporacións máis adiante.
.
O sistema “Escoita” ten nome propio; Jesús Suárez, un
afeccionado do Deportivo, cuxa frustración por non poder gozar dun partido do
Fabril o levou a idear o sistema que contou coa colaboración no apartado de
transmisións de Javier Fraga do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de
Galicia, quen lle asesorou na parte técnica.
A voz do evento deportivo correrá a cargo de alumnos do
Máster da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña que
contarán co apoio dos xornalistas radiofónicos da cidade a través da
colaboración totalmente desinteresada nesta iniciativa deportivo e social das
distintas emisoras locais. Os xornalistas e técnicos da ONCE traballarán man a
man co alumnado para retransmitir os eventos nun equipo coordinado por Alfonso
Hermida (RTVG), Moncho Viñas e Adrián Menéndez (Radio Marca).
O programa "Escoita" contará cun equipo
transmisor, dotado con micrófono ou microauricular para o narrador, así como de
equipos portátiles, tamén con auricular ou microauricular, para as persoas que
escoiten a retransmisión. Para optimizar o son e combinalo co son ambiental,
estableceráse un protocolo de uso similar ao que prestan os museos ou para o
que existe no caso de necesidade de cadeiras de rodas.
Nesta primeira toma de contacto con todos os participantes
no proxecto “Escoita” estiveron presentes, xunto ao edil de Deportes, a
concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, e o concelleiro de
Educación, Jesús Celemín. Ambbos os dous mostraron a súa intención de levar o
proxecto ao ámbito educativo e ao de inclusión social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario