Medio Ambiente apela á colaboración
cidadá para non converter o noso mar nun vertedoiro
A
concelleira de Medio Ambiente, Esther
Fontán, acudiu esta mañá á Dársena da Mariña para interesarse polos
traballos de limpeza dos fondos mariños organizada polo Festival Mar de Mares e
promovida pola empresa de mergullo Nauga Buceo na que colabora o Concello, Bombeiros e Protección Civil.
O
Concello é o encargado da recollida e xestión dos residuos extraídos do mar nesta
actuación medioambiental
A Coruña, 22 de setembro de 2019.- A concelleira
de Medio Ambiente, Esther Fontán, acudiu
esta mañá á Dársena da Mariña para seguir os traballos de limpeza dos fondos
mariños que organiza o Festival Mar de Mares nos que colabora o Concello a
través da Concellería de Medio Ambiente, encargada da xestión dos residuos
atopados no mar e da instalación dun punto limpo na dársena, Bombeiros e
Protección Civil.
Esther Fontán quixo desta maneira apoiar
unha iniciativa que cualificou de
“fundamental” para concienciar
aos cidadáns da necesidade de coidar os nosos océanos. “Espero que actuacións
como esta sirvan para que a xente convénzanse de que o mar non é un vertedoiro,
que é vida”, dixo a concelleira, quen a continuación detallou a lista de
obxectos recollidos: latas, rodas, cadeiras, valos..
Dixo que iniciativas como esta
serven para sacar á luz unha realidade: “Que os nosos océanos están a
converterse xa nunha entulleira e é que en zonas de tránsito e actividade
humana os mares xa están cheos de lixo”.
E invitó á cidadanía a
reflexionar sobre o estado dos mares: “Seguro que non nos bañaríamos nas nosas
piscinas ou nas nosas bañeiras se tivesen o lixo que atopamos hoxe aquí”.
A concelleira comprometeuse a que
esta actuación teña continuidade, pola gran importancia que ten no aspecto
divulgativo e educativo, e convidou a responsables dos municipios costeiros a
que leven a cabo iniciativas como esta para espertar a conciencia social.
A concelleira quixo agradecer o
traballo levado a cabo polos mergulladores de
Nauga Buceo, Bombeiros da Coruña, Protección Civil e Cruz Vermella que
de maneira voluntaria están a traballar no ámbito da protección do medio
ambiente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario