Preguntarémoslle ao goberno polos motivos que levaron a retirarlle o apoio nas horas de comedor, co que si contaba no curso anterior, e que axudou a mellorar a súa calidade de vida
O grupo municipal da Marea Atlántica denuncia o
Concello da Coruña retiroulle o apoio no servizo de comedor a un menor cun
trastorno do espectro autista durante as horas de comedor, alumno do CEIP Ramón
de la Sagra. Sen motivo e sen previo aviso, o goberno municipal non renovou
neste novo curso escular a axuda que este menor precisa e coa que contaba
anteriormente.
A voceira municipal da Marea Atlántica, María García,
o covoceiro, Iago Martínez, e a concelleira Silvia Cameán reuníronse hoxe con
representantes da ANPA do CEIP Ramón de la Sagra, para coñecer de primeira man
o caso. Comprometéronse a preguntar ao Partido Socialista polos motivos para
deixar sen atención a un alumno con necesidades especiais. Instamos, ademais,
ao conselleiro de Educación, Jesus Celemín, a reunirse coa ANPA, que o
solicitou o 6 de setembro e aínda non tivo resposta.
Programa
Poténciate
No anterior mandato, o goberno da Marea Atlántica
puxo en marcha o programa Poténciate , que ofrece unha
bolsa de horas para dar cobertura ás necesidades de reforzo educativo nos
centros públicos de ensino e nos centros cívicos, sempre difíciles de cubrir
cos minguantes orzamentos da Xunta neste eido.
A través deste programa, o Ramón de la Sagra
recibía os recursos para darlle o debido apoio ao menor, solicitado pola ANPA e
concedido polo servizo municipal de Educación. É un xeito de fomentar a
equidade e a inclusión no ensino público, e de ofrecerlle a todas as persoas as
mesmas oportunidades, combatendo o fracaso escolar.
A situación deste menor mellorou moito durante a
etapa na que tivo apoio para asistir ao servizo do comedor do colexio, algo
para o que a maioría das persoas con autismo precisan asistencia. É fundamental
para mellorar as súas habilidades sociais, o seu benestar físico e emocional, e
reducir a ansiedade ante a comida. En resumo, para mellorar a súa calidade de
vida e a de toda a súa familia.
Por iso, resulta incomprensible que o actual
goberno non lle ofreza ningunha solución á ANPA. O concelleiro de Educación,
Jesús Celemín, nin sequera atendeu a petición de reunirse e o servizo de
comedor escolar comezou o día 11 de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario