O concelleiro de Deportes recibe en María Pita ás lanzadoras de
disco Yaime Pérez e
Denín Caballero
As dúas atletas preparan na cidade os Campionatos do
Mundo que se celebrarán en Doha os días 27 de setembro e 6 de outubro
A Coruña, 18 de setembro de 2019.-
O concelleiro de Deportes Juan Ignacio Borrego reibiu hoxe en María Pita ás
lanzadoras Yaime Pérez, campioa do mundo en lanzamento de disco e gañadora da
Liga Diamantes, cuxo mellor rexistro é 69.39 metros, e Denia Caballero, que
ocupa o segundo posto na clasificación mundial cun rexistro de 69.20 metros
As dúas atletas están a preparar nas instalacións da
Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física da Coruña os próximos
Campionatos do Mundo que se disputarán en Doha os días 27 se setembro e 6 de
outubro.
As deportistas estiveron acompañadas por Raimundo
Fernández, director da Escola de Lanzadores da Coruña e que na actualidade é
adestrador nacional na Real Federación Española de Atletismo e adestrador
responsable de xavelina na Federación Galega.

No hay comentarios:
Publicar un comentario