O Concello da o pistoletazo de saída á
Semana Europea da Mobilidade na cidade
A alcaldesa Inés Rey fixo un chamamento os cidadáns para
que se despracen a pé ou en bicicleta
O edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, asegurou que o
reto da mobilidade implica a saúde pública e a calidade ambiental
A
alcaldesa Inés Rey, o concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, e
a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, inauguraron esta mañá no Obelisco a
Semana da Mobilidade, que arrinca con actividades por distintas zonas da cidade
dirixidas a diferentes sectores da poboación de cara a animar a cidadanía a
optar polo transporte público e desprazarse a pé o en bicicleta.
Celebramos esta Semana da
Mobilidade, sinalou a alcaldesa, como
“unha chamada de atención, unha oportunidade para reflexionar e concienciarnos
de que cada día debe ser a semana da mobilidade”. Por iso é importante, recalcou,
que na posta en marcha do plan de mobilidade se implique a toda a sociedade.
O Concello, explicou, reordenará
os espazos públicos para deseñar unha cidade accesible, onde existan espazos
para o peón, para o transporte e para o vehículo. “Queremos lograr unha convivencia
ordenada que lles permita as veciñas e veciños vivir a gusto na cidade”.
Durante o acto de inauguración,
Inés Rey incidiu en que a mobilidade é un dos retos aos que se enfronta a
cidade. “A mobilidade define o éxito dunha urbe e na Coruña apostamos por unha mobilidade
sustentable e accesible para todas e todos”, recordou ao tempo que salientou a
política transversal que se leva a cabo desde o Concello co obxetivo de
“devolverlle a cidade ao peón para que sexa o centro da mobilidade na cidade””.
Neste senso, nos últimos anos,
lembrou, a cidade deu pasos cara adiante e pasos cara atrás, como a supresión
do carril bus, que o Goberno local ten previsto recuperar, así como implantar
novos carrís brandos que poidan compartir autobuses e bicicletas.
O Goberno local quere reducir a
presenza de vehículos e garantir a seguridade viaria. Apostamos “por unha
mobilidade global baseada en mellorar as infraestruturas, potenciar o
transporte público e integrar de xeito ordenado os novos medios de transporte
particular”, dixo na presentación.
Para a rexidora, o servizo de
transporte público “debe converterse nunha das mellores solución da mobilidade
na Coruña”. Para iso, ampliaranse as liñas e se reorganizarán as frecuencias.
Tamén, lembrou, que é importante establecer novos sistemas de entrada do
transporte metropolitano na cidade.
Canto á campaña da Semana de
Mobilidade Urbana, ”Redefinindo a mobilidade”, que está a realizar o Concello,
está baseada, non tanto na prescrición das mellores formas de mobilidade, senón
na activación da reflexión da cidadanía para ver que as alternativas son
mellores nos ámbitos social, de sustentabilidade e de saúde.
Conceptos tan arraigados aos
modos clásicos como chocar, atasco, marchas, conducir, aparcar, encher…
adquiren un novo senso, máis incardinado con camiñar, usar a bicicleta ou o
transporte público.
Nesta liña, o edil de Urbanismo,
Juan Díaz Villoslada, sinalou que o reto da mobilidade é unha necesidade no só
da mellora de espazos públicos senón tamén de saúde pública e de calidade
ambiental. “Estamos ante unha crise climática e temos que contribuír entre
todos a minorar as emisións de CO2 e deixarlles as xeracións futuras unha
cidade máis sa máis amable e máis vivible”. Por iso, dixo, as políticas de
mobilidade deben ser un elemento esencial da acción do Goberno local.
Entre as accións de Goberno que
se levarán a cabo, o edil anunció que está previsto establecer carrís
prioritarios para o bus, mellorar as políticas do taxi, ampliar as áreas 30 e
puntos de peatonalización. En relación aos medios de transporte particular coma
os patinetes eléctricos, sinalou que o Concello “non demoniza estos
transportes, pero que hai que ordenar por onde circularán”.
Actividades Semana Mobilidade
A Semana inaugurouse cun circuito de Movilidad organizado por la
ONCE no que a alcaldesa e resto de participantes tiveron a oportunidade de
poñerse na pel dunha persoa cega e percorrer cos ollos pechados e un bastón un
recorrido enfrontándose ás barreiras que día a día se atopan as persoas cegas e
con discapacidade visual.
Entre as actividades previstas,
Díaz Villoslada destacou o Foro debate, impulsado pola Asociación Crunia, que
terá lugar mañá ás 18.00 horas na
Fundación Abanca de Rego de Auga e unha mesa técnica, ás 19.30 horas, sobre a
mobilidade.
O mércores, áa 19.30 horas haberá
outra mesa, na que representantes de distintas entidades municipais expoñerán
os avances e as solucións para facelas máis accesibles para todos.
Grumico (Grupo de Persoas con
Discapacidade Física da Coruña) organizará o xoves 19, a actividade “Ponte no
meu lugar” e o venres 20 e sábado 21, a cidadanía vestirase de mallas para
participar na Carreira da Mobilidade. A semana incluirá tamén unha xornada de
portas abertas o venres na sala de pantallas e control de tráfico, a exposición
ECO21 e un día sen coches, o domingo.
A asociación Stop Accidentes
realizará actividades escolares nas rúas Alcalde Marchesi e Primavera, e na
entrada de varios colexios públicos instalaranse xardineiras nas prazas de
aparcadoiros. Por último, o colectivo daralles consellos as persoas viandantes
na praza de Lugo.
O Concello anuncia que a liña 24 do
bus urbano que dará servizo á Zapateira comezará a funcionar o día 23 de
setembro
O novo itinerario inclúe seis expedicións diarias ata
Montegolf, Vallesur e As Oliveiras nos días laborables, tres os sábados e dous
os domingos e festivos.
Esta medida é "un paso máis na mellora da mobilidade
metropolitana, que pretende levar a cabo o Goberno local”, sinalou o edil, quen
tamén anunciou axustes nas liñas de bus que chegan aos polígonos e hospitais.


No hay comentarios:
Publicar un comentario