A Coruña acollerá o Congreso PLEA 2020 onde máis de 300 expertos
de todo o mundo
debaterán sobre arquitectura e urbanismo sustentable
O
simposio, organizado polo profesor da Universidade, Jorge Rodríguez, terá lugar
do 1 ao 3 de setembro e contará coa presenza de referentes internacionais
A
Coruña acollerá do 1 ao 3 de setembro o Congreso Plea 2020, onde máis de 300
expertos en arquitectura e urbanismo sustentable debaterán sobre “Cidades post
carbón” e figuras de relevancia internacional participarán en sesións plenarias
abertas ao público.
A alcadesa, Inés Rey, e o edil de Urbanismo, Juan Manuel Díaz
Villloslada, mantiveron esta semana un encontro con Jorge Rodríguez Álvarez,
profesor da Universidade e organizador na Coruña do simposio, que lles
presentou o programa de actos e actividades que se organizarán neste foro, un
dos congresos de arquitectura e sustentabilidade máis importantes do mundo que
se celebra por segunda vez nunha cidade española. O Concello mostrou un gran
interese no desenvolvemento deste congreso e transmitiu o seu total apoio e
facilidades na organización do mesmo.
No simposio, persoas expertas explorarán a interacción
entre investigación, tecnoloxía e deseño para definir e planificar cidades
futuras. O obxectivo da cita é reunir a deseñadores, académicos,investigadores, estudantes e profesionais na procura de contornas mellores e
máis sustentables.
PLEA é unha organización sen fins de lucro que actúa como
un foro internacional e interdisciplinario que promove investigacións,
conferencias, talleres, asesorías, e exposicións arquitectónicas relacionadas
co deseño bioclimático.
No hay comentarios:
Publicar un comentario