A Marea
Atlántica denuncia que o goberno municipal lle impide
consultar o expediente das bolsas comedor
Silvia Cameán: “Preguntámonos que leva ao goberno municipal a non
respectar o dereito de acceso á información”
Rematado xa o
prazo de alegacións, instamos a resolver canto antes unhas axudas que nunca
acumularan tanto atraso
O goberno do PSOE impídelle ao grupo
municipal da Marea Atlántica o acceso ao
expediente global das bolsas comedor, solicitado a pasada semana, mediante
unha resolución negativa asinada pola propia alcaldesa. Ante esta falta de
transparencia, presentaremos un recurso de reposición, por entender que esta
denegación vulnera o dereito de acceso á información dos concelleiros e as
concelleiras, un dereito fundamental recollido na Constitución Española e
desenvolvido tanto na normativa de ámbito local como na vixente en materia de
transparencia.
O argumento para a denegación é que o expediente está
aberto nestes momentos, pero lembramos que, segundo confirman varias sentenzas
xudiciais, non pode considerarse que isto implique necesariamente atraso ou
entorpecemento na tramitación. “Preguntámonos que leva ao goberno municipal a non respectar o dereito de acceso á información”, sinala Silvia Cameán.
Rematado xa o prazo de alegacións o 25 de outubro, instamos ao goberno municipal a resolvelas canto antes e a pechar a tramitación
desta convocatoria, para que as familias non teñan que agardar máis pola
axuda. Estamos a piques de entrar no mes de novembro, ben avanzado o curso
escolar. Nunca na historia recente do Concello se demorara tanto. Por iso
pedimos na Comisión de Benestar Social que se resolveran as que estaban
concedidas inicialmente, deixando as que estaban pendentes de alegación para
unha segunda quenda, pero a solicitude non foi escoitada.
O goberno municipal denegounos o acceso ao expediente
da convocatoria actual, pero non á do curso
2011/2012, cando o PSOE era responsable de Servizos Sociais. Daquela, segundo puido comprobar a concelleira
esta mañá, as bases da convocatoria publicáronse o 10 de maio, e as listaxes
definitivas saíron o 3 de outubro. No curso 2018/2019, gobernando a Marea
Atlántica, as bases apareceron no BOP o 3 de marzo, máis de dous meses antes,
e as listas definitivas o 21 de setembro. Neste curso, antes do traspaso de
poderes, as bases saíron o 17 de abril, un mes antes que en 2011, e aínda estamos a agardar polas listas definitivas.
A Comisión Especial do Bordo Litoral acordou hoxe, por unanimidade, solicitarlle ao Concello e á Autoridade Portuaria a creacion no Parrote dunha zona regulada de baño.
A Comisión Especial do Bordo Litoral acordou hoxe, por unanimidade, solicitarlle ao Concello e á Autoridade Portuaria a creacion no Parrote dunha zona regulada de baño. O presidente da Comisión, Xiao Varela, trasladou a solicitude de dúas veciñas para permitir o baño, e fixo entrega das 1.115 sinaturas que recolleron.
O acordo inclúe tamén unha proposta técnica para autorizar o baño, seguindo o modelo da Marina de Valencia, que se abriu este verán, e que abriría a posibilidade de bañarse todo o ano, garantindo a seguridade das persoas e a calidade das augas.
Xiao Varela agradeceu a colaboración de todos os grupos políticos e lembrou que "con esta medida poderemos regularizar un uso que sempre foi habitual nesta zona, onde estaba a histórica praia do Parrote. Agardo que se desenvolva canto antes".
No hay comentarios:
Publicar un comentario