A OPOSICIÓN
DE CAMBRE ÚNESE PARA ESIXIR MEDIDAS DE SEGURIDADE NA PRAZA PRIMEIRO DE MAIO
O desprendemento de cascotes
sobre persoas e vehículos nas prazas de garaxe sitas baixo as obras de
remodelación, leva a diferentes grupos da oposición a facer unha fronte común
na esixencia dun informe pericial urxente que evalúe a situación de risco así como
a inminente protección dos veciños e usuarios a través da adopción das medidas
necesarias.

Podemos denunciar que xa vimos de sofrir unha
expresa falta de resposta e pronunciamento dos responsables municipais ante os
requerimentos de información que os diferentes grupos da oposición levamos
facendo dende o inicio das obras, como consecuencia de varios aspectos da mesma
sin esclarecer.
A esta desinformación podemos sumar a
lamentable situación vivida esta fin de semana, co desprendemento de cascotes sobre persoas e vehículos, xunto coas inundacións no interior do garaxe, no
que literalmente "chove dentro".
Avisados o Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo (que nin colleu o
teléfono nin respostou á chamada) o mesmo sábado das inundacións e desprendementos,
a día de hoxe, os Concelleiros e Concelleiras da oposición seguimos sin ver
ningunha actuación orientada a garantir a seguridade dos veciños e veciñas e
previr posibles accidentes como os xa acontecidos.
Non podemos quedar calados ante unha situación
como a descrita. É obriga das autoridades garantir a protección das persoas
ante eventuais riscos como o desprendemento de cascallos.
É por este motivo que diferentes grupos con
moi diferentes sensibilidade política famos unha fronte común para velar pola
seguridade das persoas, motivación que fai que asinemos un escrito conxunto no
ánimo de que os Responsables políticos cumpran coa sua obriga e o fagan antes
de ter que lamentar mais situacións como as producidas esta fin de semana.
No
escrito que adxuntamos á presente nota solicitamos:
1º.- Sexa realizado con carácter INMEDIATO e URXENTE un INFORME PERICIAL
por Arquitecto Técnico Cualificado, valorando a potencial perigosidade do
estado actual das obras, así como a determinación de responsabilidades ante a
caída de cascotes sobre particulares.
2º.- Sexan adoptadas as medidas
necesarias e oportunas para garantir a TOTAL
SEGURIDADE das persoas e vehículos usuarios das prazas de garaxes.
3º.- Sexamos INFORMADOS OS GRUPOS DA OPOSICIÒN con carácter inmediato da
situación real actual das obras, responsabilidades, previsions e medidas que
tomou, no seu caso, e ten previsto tomar o goberno ante a situación descrita e
a desfavorable previsi n de choiva para os vindeiros días.
|
Asdo:
Juan María Abalo Castex
|
|
Asdo: Raúl Varela Fraguío
|
|
Voceiro
Grupo Municipal Popular
|
|
Voceiro Grupo Municipal Alternativa dos
Veciños
|
|
Asdo: Olga Santos López
|
|
Asdo:
María José García Hidalgo
|
|
Voceira Esquerda Unida- Son
en Comùn
|
|
Voceira Ciudadanos Cambre
|



No hay comentarios:
Publicar un comentario