Traductor

martes, 29 de octubre de 2019

Baño no Parrote


O concello pediralle á Autoridade Portuaria que habilite unha zona de baño no Parrote sempre que se garanta a seguridade as persoas usuarias  

A Comisión Especial do Bordo Litoral tomou coñecemento das máis de mil sinaturas presentadas por dúas veciñas que reclaman poder bañarse nas augas da Mariña




A Coruña, 28 de outubro de 2019.- O Concello da Coruña pediralle á Autoridade Portuaria que habilite unha zona de baño delimitada na enseada do Parrote no ámbito e períodos que se establezan, sempre que non afecte o marisqueo e fixando como prioridade a seguridade das e dos bañistas. Para iso, será necesario balizar a zona reservada ao baño, instalar postos de socorrismo e analizar periodicamente as augas para garantir que son aptas para o baño, tal e como explicou o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, ao finalizar a reunión da comisión.

A comisión tomou coñecemento das máis de mil sinaturas presentadas por dúas veciñas que reclaman que se retire a prohibición de bañarse no Parrote, unha restrición que se adoptou nunha comisión técnica mixta para o seguimento do bordo litoral celebrada en abril e que se materializou o pasado mes de xullo cando se colocaron os sinais de prohibido o baño.
O edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, afirmou que o Goberno municipal se poñerá en contacto coa Autoridade Portuaria co fin de impulsar esta petición e colaborará coas persoas responsables do Porto na definición do proxecto, pero lembra que é a Autoridade Portuaria quen ten a última palabra neste tema, xa que a zona de baño se atopa no espazo portuario. 
“É necesario que o Porto dea o visto e prace despois de analizar os informes da Comandancia de Mariña”, sinalou o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada.
Doutra banda, a comisión tamén analizou a proposta de levar a cabo unha iniciativa similar á do Porto de Valencia, aínda que as condicións non son idénticas, xa que no caso de Valencia se trata máis dun piscina urbana e non se efectúan labores de marisqueo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario