Traductor

lunes, 14 de octubre de 2019

Becas Comedor subsanación de erros pola Marea Atlántica

A Marea Atlántica insta ao goberno municipal a abrir un novo prazo de subsanación de erros para resolver a crise das bolsas comedor


Este martes, na Comisión de Benestar Social, Silvia Cameán trasladara posibles vías de solución para evitar que centos de familias queden sen axuda á alimentación este curso

A concelleira Silvia Cameán, presidenta da Comisión de Benestar, insta ao goberno municipal a abrir un novo prazo de subsanación de erros na convocatoria de bolsas comedor e revogar as denegacións. “É unha vía legal para evitar que centos de familias queden sen axudas á alimentación este curso por trabas burocráticas”, explicou Cameán.

“Tendo en conta 504 solicitudes foron rexeitadas por problemas coa documentación, unha cifra inxustificable, pedímoslle ao goberno que ofreza unha solución e desta vez acompañe ás familias para facilitar a solicitude das bolsas comedor, en lugar de limitarse a denegar. Falamos de persoas, non de cifras”, sinalou a concelleira.   

Solucións, non leccións

Polo que respecta ás 141 denegacións por ter débedas coa administración —un 12% de todas as solicitudes presentadas—, o grupo municipal da Marea Atlántica esixe revisalas. Como explica Silvia Cameán, “hai casos nos que é posible solicitar un aprazamento da débeda, o que serve para acreditar o cumprimento de obrigas segundo a Lei de Subvencións”.  

Este martes reunirase a Comisión de Benestar Social ás 12.00h en María Pita, e presidenta do órgano trasladaralle estas vías de solución ao goberno municipal, ademais da total vontade de colaboración da Marea Atlántica para facelas posibles. “Hai familias, e non poucas, que dependen das bolsas comedor para garantirlles unha correcta alimentación ás súas fillas e fillos. A obriga dun goberno é darlles solucións, non culpabilizalas”, engadiu Cameán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario