O Concello instalará seis
contedores soterrados na rúa San Andrés
Os traballos, cun orzamento de 53.765 euros, comezarán
antes de que finalice o ano
A Coruña, 12 de outubro de 2019.-
O Concello sacou a licitación as obras para instalar seis puntos de achega de
residuos urbanos soterrados na rúa San Andrés por un importe de 53.765,48
euros. Está previsto que as obras comecen antes de final de ano. A implantación
destes puntos forma parte do proxecto de ampliación da rede de recollida de
residuos sólidos urbanos.
A intención do
goberno local é a de ampliar o número de puntos con contedores soterrados na
cidade na súa aposta polo coidado
ambiental e a reciclaxe, aínda que en ocasións as condicións do subsolo fan
difícil a implantación en determinadas zonas. Desde Medio Ambiente sinalan que
con esta actuación mellórase a calidade de vida dos cidadáns, o servizo e o aspecto
da vía.
Tamén indican desde a concellería que a implantación de
contedores soterrados para a recollida de residuos representa varias vantaxes,
xa que a súa instalación en illas con contedores de diversos tipos de residuos
facilita a recollida selectiva de residuos reciclables. Ademáis, optimízase a
reciclaxe porque os cidadáns poden depositar na mesma localización os distintos
tipos de residuos xerados nos seus fogares.
O proxecto recolle a instalación de dúas zonas de
vertedura, cada unha formada por tres equipos soterrados; dous destinados aos
residuos inorgánicos e un terceiro destinado a orgánicos.
A zona 1 instalarase na marxe esquerda da rúa á altura do número 31,
mentres que a outra zona situarase á altura da rúa Torreiro.
Inés Rey destaca, na
celebración do XV aniversario de Terra de Homes, o labor da activista Asha
Ismail na súa loita por erradicar a mutilación xenital feminina
A alcaldesa asistiu esta tarde no Teatro Colón a celebración do
décimo quinto aniversario da fundación humanitaria que rendeu unha homenaxe á
activista Asha Ismail
A Coruña, 12 outubro de 2019.-
A alcaldesa Inés Rey asistiu esta tarde no Teatro Colón á celebración do XV
aniversario da Fundación Terra de Homes en Galicia que, co seu proxecto Viaxe cara á vida, ten salvado a vida de
105 menores operados en hospitais da comunidade galega. O acto, presentado por
Lino Braxe, contou coa participación do Coro Cantabile e a escola de Danza
Druída e serviu para rendir unha
homenaxe as voluntarias e aos voluntarios e as familias de acollida, auténticos
alicerces da entidade humanitaria, e coñecer ademáis as distintas accións que a fundación leva a cabo.
A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de entregarlle á
activista Asha Ismail un galardón como recoñecemento ao importante labor a
favor dos dereitos humanos que realiza á fronte da ONG Save a Girl, Save a
Generation, en especial na súa loita por erradicar a mutilación xenital
feminina, que ela mesmo sufriu, o sistema de dotes e o matrimonio forzado, que
en moitos países de África aínda se mantén como un mal endémico.
Inés Rey lembrou que “temos ante nós a unha muller
loitadora, valente e decidida, que quixo e quere que ninguén máis pase por unha
práctica tan cruel, pero que non queda aí e que denuncia un sistema como o de
dotes e o matrimonio forzado porque entende
que xa está ben de que decidan por nós, que somos libres e temos a capacidade
para escoller o que nos plazca, sen estigmas que nos marquen para sempre”.
Ines Rey agradeceu a Terra de Homes “por facer que os que
durmimos no lado amable deste planeta miremos cara abaixo e colaboremos, que
poidamos formar parte de proxectos tan enriquecedores como o de Viaxe cara á
Vida”.
“Unha iniciativa tan bonita permitiu e permite que na
Coruña decenas de nenos póidanse operar de enfermidades imposibles de curar no
seu lugar de orixe e contáxiennos coas súas ganas de vivir aos que nacemos con
todas as facilidades”, dixo durante o acto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario