Iago Martínez: “Estamos en disposición de facilitar un acordo
orzamentario amplo e netamente
progresista”
Os votos da Marea Atlántica
permitiron aprobar hoxe o modificativo de crédido que soluciona os atrasos no
pago da Renda Social, que afectaron
cando menos a 55 fogares
Grazas a
una emenda do noso grupo municipal, destinaranse 62.000 euros a obras de mellora
nos centros educativos públicos Arela e San Francisco Xavier
O Pleno Extraordinario do Concello da Coruña aprobou hoxe,
co voto favorable de todos os grupos agás o PP, o modificativo de crédito
necesario para solucionar os atrasos no pago da Renda Social Municipal e as
axudas de emerxencia. Chegou 107 días despois da investidura de Inés Rey como
alcaldesa e case 40 desde que a Marea Atlántica fixo a primeira denuncia
pública no mes de agosto, mentres tanto, ducias de familias en situación de
vulnerabilidade quedaron sen axuda. Tamén se aprobou incrementar en 62.000
euros os fondos para obras de mellora nos centros de ensino, grazas a unha
emenda da Marea Atlántica. Nesta sesión, o vicevoceiro municipal da Marea
Atlántica sinalou que “solucionado o urxente, é o momento de poñerse a
traballar nos Orzamentos para 2020, reiteramos a nosa disposición a facilitar un
acordo amplo e netamente progresista”.
Como sinalou Iago Martínez, o problema dos impagos nas
axudas sociais nace do bloqueo aos Orzamentos 2019, cos votos sumados de PP e
PSOE. “Foi un erro que deixou á intemperie, como mínimo, 55 fogares. Avisamos
en xuño, e animamos ao novo goberno a aprobar antes do verán uns orzamentos
2019, pero dixeron que non. Ofrecemos outra alternativa, esta do modificativo
de crédito, co noso apoio incondicional, e por desgraza tardaron máis de cen
días en traelo a este pleno. Os gobernos teñen cen días de gracia, pero a
pobreza non perdoa unha soa noite”.
Os impagos nas axudas sociais non podenrepetirse
Deste xeito, coa aprobación do modificativo, auméntanse en
417.000 os créditos par a Renda Social Municipal e en 240.000 euros os das
axudas de emerxencia, que “confiamos en que sexan suficientes e non se repetirá
o acontecido nestas últimas semanas, nas que se lle denegaron recursos básicos
a persoas que tiñan dereito a eles”.
O cambio nas contas municipais suma tamén 1,7 millóns de
euros para executar iniciativas de mobilidade sostible, impulsadas no mandato
anterior, ben a través
da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado
(EDUSI) da Coruña (dotada con 15 millóns de euros de fondos europeos FEDER),
ben a traves dos Orzamentos Participativos. Trátase, fundamentalmente, da
implantación da bicicleta eléctrica en BiciCoruña e da ampliación da súa
infraestrutura con novas estacións en Elviña, Os Mallos, Eirís, O Ventorrillo,
Novo Mesoiro, Oza, Catro Camiños, os polígonos da Grela e Pocomaco e o campus
universitario. Máis fondos para educación
pública de calidade
Neste Pleno extraordinario tamén foi aprobada una emenda do
grupo municipal da Marea Atlántica para executar obras de mellora nos centros
de ensino públicos da cidade. En concreto, destinase 32.534 euros para a
colocación de varandas e elementos de protección no colexio San Francisco
Xavier e 30.000 para a mellora do pavimento na escola infantil municipal
Arela.
De novo, trátase de proxectos preparados e pendentes de
executar, que non foi posible cumprir debido a que o bloqueo dos Orzamentos
2019 reduciu enormemente o crédito do Concello para investimentos. Cando se pon
as siglas do partido por diante do interese xeral, é toda a cidade a que paga o
prezo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario