Inés Rey destaca os valores nos que se asenta a Universidade coruñesa
A alcaldesa asistiu á inauguración
do curso académico 2019-2020 no Paraninfo, nun acto que presidiu o rei Felipe
VI e o ministro en funcións, Pedro Duque.
A Coruña, 30 de setembro de 2019.- A alcaldesa
Inés Rey asistiu esta mañá á inauguración do curso académico 2019-2020 no
Paraninfo da Universidade, nun acto que presidiron o rei Felipe VI, o ministro
de Educación en funcións, Pedro Duque, o presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijoo, e o presidente de CRUE Universidades Españolas, José Carlos Gómez
Villamandos, entre outras autoridades. A rexedora destacou a continua evolución
dunha institución que na actualidade lle oferta ao estudantado un abano extenso
de graos e dobres graos e a posibilidade de completar a formación con estudos
internacionais, docencia en inglés, másteres e programas de doutoramento, así
como os propios da UDC e a Universidade Sénior.
Rey remarcou a calidade da ensinanza pública que lle dá
formación ao estudantado en igualdade de dereitos e deberes, sen ningunha
discriminación e recordou que a infraestrutura que hoxe empeza a rodar nos
campus de Elviña e na Zapateira, así como en Ferrol, especializará neste curso
a miles de mozas e mozas en Arquitectura, Enxeñería de Camiños, Ciencias da
Saúde ou Socioloxía. A alcaldesa reafirmou a intención do Goberno local de
apoiar os proxectos que leven o selo da institución para que non queden en
ideas sobre o papel e dar acubillo nun futuro próximo ao talento que emerxe das
aulas cunha cidade das TIC, na que rebotarán directamente das facultades para
seguir medrando e evitar así que marchen do país. Rey entende que é
responsabilidade municipal xerar riqueza e economía baseándose na innovación e a tecnoloxía
con prefixo coruñés, porque deste xeito as empresas e a industria valeranse por
si mesmas sen ter que importar avances.

No hay comentarios:
Publicar un comentario