O Concello da Coruña
inviste cerca de 100.000 euros en obras de mellora nas escolas infantís
municipais
Na
escola Carricanta, no Castrillón, os traballos dispoñen dun orzamento de 42.350
euros e un prazo de execución dun mes para reparación e impermeabilización das
terrazas e patios
Tamén
licitáronse os traballos para a instalación da calefacción na escola infantil
Caracola, en Novo Mesoiro, por importe de 48.264 euros
A Coruña, 12 de outubro de 2019.-
O Concello adxudicou as obras de reparación e impermeabilización das terrazas e
patios da escola infantil municipal Carricanta, en O Castrillón, por un importe
de 42.359 euros e un prazo de execución dun mes á empresa Obras Ramón Cotelo,
S.L.
As obras forman parte do programa de mantemento das
escolas municipais que o Concello
realiza para garantir que as clases se desenvolven en óptimas condicións na súa
aposta pola educación e a mellora permanente das instalacións municipais A
actuación servirá para emendar os danos ocasionados por filtración de auga nos
chans das aulas 1 a 5, provocados pola falta de impermeabilización das terrazas
exteriores, no vestíbulo e o patio exterior, onde se retirarán as xardineiras e
substituirase o pavimento.
Según recolle o proxecto, co fin de evitar a continuo
deterioro do pavimento interior das aulas 1 a 5 do centro, impermeabilizaranse
os forxados que forman as terrazas e patios exteriores, polos cales se filtra a
humidade cara ao interior das estancias do edificio. O resto de actuacións,
substitución do pavimento do vestíbulo e do patio exterior, forman parte dos
traballos de mantemento e adecuación do centro.
Tamén se cambiarán as escaleiras de madeira que dan
acceso á terraza exterior da aula 4. Para realizar as obras de
impermeabilización nas terrazas retiraranse as varandas de madeira e as lousas
de caucho e demolición de parte do pavimento.
Tamén está previsto que nos traballos para
impermeabilizar o patio exterior de acceso, demoleranse as xardineiras e as
lousas de formigón do pavimento para colocar pavimento continuo de formigón.
Doutra banda, o Concello adxudicou as obras de
reparación na cuberta da escola infantil municipal Caracola en Novo Mesoiro e
licitou por un importe de 48.264,40 os traballos para a instalación térmica e
de auga quente sanitaria co fin de garantir que todas as aulas dispoñan de
calefacción.

No hay comentarios:
Publicar un comentario