Traductor

viernes, 4 de octubre de 2019

Pergunta de Jorquera a Villoslada sobre os terrenos da Maestranza

VILLOSLADA CONTESTA A JORQUERA QUE O GOBERNO LOCAL XESTIONA AMPLIAR A PROTECCIÓN BIC DAS MURALLAS, O QUE PODERÍA LEVAR APARELLADA UNHA NOVA SUSPENSIÓN DE LICENZAS NA MAESTRANZA

O portavoz nacionalista considera que os solares propiedade de Defensa deben reverter gratuitamente no concello


 


A Coruña, a 3 de outubro de 2019. O Goberno local traballa para ampliar a protección BIC da zona das murallas da cidade, o que podería levar aparellada unha nova suspensión na concesión de licenzas nos solares da Maestranza, afirmou esta tarde no pleno o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, a unha pregunta do portavoz do BNG, Francisco Jorquera.

Jorquera interesábase por saber que planes ten o goberno perante a inminente caducidade da suspensión de licenzas no Campo da Estrada e o concelleiro de Urbanismo explicou que aínda que esta en principio non pode ser prorrogada –o prazo caduca o día 11 deste mes- o concello si está a xestionar coa Xunta “ampliar o ámbito BIC das murallas da cidade”.

Se esa xestión fructificar, entón podería voltar a decretarse unha suspensión na concesión de licenzas.
Na súa intervención, Jorquera demandou a cesión gratuíta ao concellos dos terrenos afectados por Defensa na Maestranza. “Estes terrenos foron en tempos comunais. Logo ocupados polas monarquías  absolutistas para construír instalacións militares e máis tarde usufructuados polo daquela Ministerio da Guerra. Mais o concello xa demandou a súa reversión gratuíta en 1858 e, no pasado mandato, en dúas mocións aprobadas polo pleno”, relatou o portavoz nacionalista.

A Jorquera parécelle ben que o goberno municipal explore a hipótese de ampliar a zona de protección BIC, mais demandou a Villoslada “firmeza” para que non permita ningún tipo de operación especulativa.

Na súa resposta, o concelleiro afirmou que nos planos do executivo local está reducir ao máximo a edificabilidade prevista nos terreos e non permitir construír onde se acharon restos arqueolóxicos.
A resposta non satisfai o BNG, partidario da reversión gratuíta dos terreos ao concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario