Rey destaca a oportunidade que brinda para
iniciarse nas distintas disciplinas deportivas urbanas
A
alcaldesa acudiu á inauguración dunha cita que se completará con talleres,
exhibicións e música en directo na Mariña e no Parrote
A Coruña, 3 de outubro de 2019.-
A alcaldesa Inés Rey acudiu esta tarde á inauguración dos Street Games Coruña,
que tomarán esta fin de semana o paseo da Mariña-Parrote para achegarlles ás e
aos coruñeses ata seis disciplinas de deporte urbano como son o Psicoblock,
Skate, Parkour, Highline, Boulder e o Slackline. A rexedora sinalou que a cita
permitirá a práctica de especialidades pouco accesibles para que os e as
expertas contaxien e fomenten o interese no público alleo a elas.
É unha forma
de incentivar as e os espectadores que se senten atraídos polas características
de deportes que nacen no asfalto e que cada vez teñen máis adeptas e adeptos.
As administracións locais, engadiu, deben estar ao corrente destas novas
fórmulas que, igual que outras xa coñecidas, son beneficiosas para as persoas e
potencian facultades como a flexibilidade ou a psicomotricidade.
A explanada contará cun módulo estrela, un muro vertical de
15 metros e sen corda, que dará cabida ao Psicoblock Master Series by
Cabreiroá, no que se dará cita a elite internacional da escalada en bloque coas
augas do porto deportivo coruñés como “rede” en caso de caída. Os exercicios
acompañaranse de luces, sons e cores con dúas rutas que permitirán que as suban
dous competidores á vez.
O programa inclúe tres días de música en directo, talleres
para que todos os públicos poidan iniciarse nas distintas variantes,
exhibicións de profesionais e competicións ao máis alto nivel.
PROGRAMACIÓN




No hay comentarios:
Publicar un comentario