Traductor

miércoles, 16 de octubre de 2019

Festival Luis Seoane - Consorcio das Mariñas - Exposición “Puertas”

O edil de Cultura presenta a segunda edición do festival Intersección na Fundación Luis Seoane

O Festival de Arte Audiovisual Contemporánea terá lugar do 24 ao
27 de outubro na fundación coruñesa

As figuras protagonistas desta segunda edición serán o norteamericano J.P. Sniadecki, a portuguesa Salomé Lamas e a valisoletana Dora García



O concelleiro de Cultura e Educación, JesúsCelemín, asistiu ao acto de presentación da segunda edición do festival Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea, que terá lugar do 24 ao 27 de outubro na Fundación Luis Seoane da Coruña, xunto a Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, e Gonzalo Veloso, director de Intersección.
Celemín convidou todas as coruñesas e coruñeses a asistiren ao festival e desexou que este “se converta nun festival de referencia na cidade”. O edil tamén valorou a dirección de Silvia Longueira na Fundación Seoane por  “estar sempre aberta a acoller e divulgar a arte contemporánea”.
As figuras protagonistas desta segunda edición serán o norteamericano J.P. Sniadecki, a portuguesa Salomé Lamas e a valisoletana Dora García.
O artista J.P. Sniadecki, especialista en formatos de non-ficción ao redor de problemáticas identitarias relacionadas coas migracións, presentará no festival as premiadas “El mar la mar”, “Foreign Parts” e “Yumen”. Intersección 2019 tamén acollerá a estrea de “Extraction: The Raft of the Medusa”, a última obra da portuguesa Salomé Lamas, unha das máximas expoñentes actuais da arte audiovisual lusa.   
Pola súa banda, a valisoletana Dora García, unha das artistas máis representativas do panorama contemporáneo nacional e internacional, exhibirá a súa última longametraxe, “Segunda Vez”, premiada en FID Marsella, ademais dunha sesión de obras curtas.
Intersección, que contará tamén cunha sección adicada á arte audiovisual contemporánea galega, entre outras das seccións que completarán o cartel desta segunda edición, aposta este ano polo desenvolvemento de proxectos creativos a través da iniciativa Intersección Lab, unha mesa de traballo para a que serán seleccionados tres proxectos e que estará coordinada polo artista Enrique Lista.



Inés Rey asegura que os pregos da xestión de Nostián terán en conta as demandas dos concellos da área metropolitana

Inés Rey reuniuse esta mañá en María Pita cos rexedores do Consorcio das Mariñas para analizar cal será o papel do ente supramunicipal na futura concesión da planta de Nostián




A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse esta mañá en María Pita cos alcaldes e alcaldesas que integran o Consorcio das Mariñas para explicarlles os plans que o goberno local ten para a planta de tratamentos de residuos de Nostián, así como as modificacións do novo prego de condicións técnicas e administrativas do servizo que está a redactar a concellería de
Medio Ambiente e que aínda se atopa nunha primeira fase, “Cando chegamos o prego non estaba redactado, senón nunha fase inicial”, apuntou a rexedora. Rey comunicoulles aos seus homólogos o estado no que se atopa a redacción do prego de contratación do servizo de xestión de residuos da planta de Nostián.

Inés Rey, que confirmou que o novo prego non estará listo para finais de ano, descartou a posibilidade de que se teña que esgotar a prórroga do contrato para o tratamento dos residuos “a idea non e esgotar a prórroga en ningún caso, a idea é dar garantías xurídicas  nun contrato que terá unha duración de vinte anos” 

A alcaldesa explicoulles que o goberno local aínda non concretou a fórmula da futura concesión da planta de Nostián e comprometeuse a estudar as demandas dos concellos do Consorcio e, se non fose posible, establecer plans personalizados con cada concello.




A Coruña acolle a exposición “Puertas”, que lembra as 48 vítimas da violencia machista en 2018

A alcaldesa, Inés Rey, e a edila de Igualdade, Yoya Neira, asistiron á inauguración da mostra que se pode visitar no centro comercial
Espacio Coruña ata o 4 de novembro



A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acudiu esta tarde xunto á concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, á inauguración da exposición “Portas”, impulsada pola axencia Dimesión, que se pode visitar gratuitamente no centro comercial Espacio Coruña desde hoxe ata o 4 de novembro. Na inauguración tamén estiveron presentes Yessica Fonticiela, xerente de Espacio Coruña, e Jon Martija, responsable de Comunicación da axencia Dimensión.
Trátase de 48 portas, usadas como lenzo e convertidas en 48 obras de arte por 48 artistas. O número ten unha razón de ser: cada porta lembra e homenaxea a cada unha das 48 vítimas oficiais da violencia machista en España no ano 2018.
O obxectivo da exposición é visibilizar esa problemática e convidar á reflexión xerando un debate social. O lema da exposición é “a arte ás veces lévanos a lugares onda a razón non chega”. A esa razón tamén fixo alusión Inés Rey, quen denunciou que “esa mesma razón, a de todas e todos, a miña, non concibe que podamos seguir pasando páxina ante este drama que toca a todas as clases sociais e a todos os puntos xeográficos, levándose por diante vidas inocentes e deixando regas de dor”.
A rexedora manifestou que “todo movemento que se faga en contra da violencia de xénero é necesario e esta iniciativa, en concreto, que tamén dá visibilidade aos menores, é digna de admirar e de acoller nunha cidade como A Coruña que se declara totalmente en contra deste tipo de violencias” e destacou que “é unha labor de todas e todos pechar as portas á violencia”.

O proxecto “Puertas”

Ao longo de 2018, por cada asasinato dunha muller a mans dun home en España,  Dimension enviou unha porta a unha ou un artista que a utilizou como soporte sobre o que crear unha obra. Esa porta como lenzo representa esa realidade que está alén, co obxectivo de visibilizala. Este proceso de creación de cada porta tamén foi gravado para elaborar unha reflexión a modo de documental sobre a violencia machista. Todo este material quedou recollido na web www.puertas.art  

O Concello da Coruña lembra que ante calquera indicio de violencia machista pode acudirse ao teléfono 016, así como ao 092 da Policía Local.


No hay comentarios:

Publicar un comentario