Traductor

miércoles, 16 de octubre de 2019

Inauguración exposición Wildlife Pgotographer of the year - Inauguración exporpymes


Fotógrafos da Natureza 2019, unha invitación á reflexión e toma de conciencia sobre os problemas ambientais

A Sala Isabel Castelo do Aquarium acolle desde hoxe ata o 31 de decembro as imaxes premiadas no concurso European Wildlife
Photographer of the Year




 O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, asistiu a o Aquarium á presentación da exposición Fotógrafos da Natureza 2019, que reúne as imaxes premiadas no concurso European Wildlife
Photographer of the Year, organizado pola GDT (Sociedade Alemá de Fotógrafos da
Natureza) desde o ano 2001. As fotografías, que se poderán ver desde hoxe ata o 31 de xaneiro na Sala Isabel Castelo, non só mostran a beleza do mundo natural senón que tamén “convidan á reflexión e á toma de conciencia sobre os problemas ambientais que ameazan a integridade dos ecosistemas naturais”, explicou o edil de Cultura.

Para Celemín, o terceiro museo científico da Coruña comparte plenamente o obxectivo desta exposición: “o acuario inaugurouse o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Con esta coincidencia pretendíase destacar o compromiso deste museo coa conservación do ambiente e os ecosistemas mariños”. E quixo destacar o feito de que a Sala Isabel Castelo “é unha das poucas salas no ámbito nacional dedicada en exclusiva ás fotografías de natureza”.
  
Pola súa banda, o director técnico do Aquarium, Francisco Franco, explicou que este ano a exposición facíase coincidir co inicio do curso escolar para atraer o estudantado “respondendo deste xeito á vocación didáctica e divulgativa do museo” e fixo un percorrido pola mostra explicando as distintas temáticas dunhas imaxes que van desde as máis reivindicativas e de carácter xornalístico que denuncian a necesidade urxente de protexer e coidar o noso planeta, ata as máis poéticas e mesmo algunhas que parecen obras de arte abstracta.
O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo español Cristóbal Serrano, cunha imaxe aérea de flamencos ananos no Lago Bogoria. Ademais de Cristóbal Serrano, nesta edición do concurso foron finalistas 13 fotógrafos españois, 3 deles gañadores en tres categorías: Jaime Culebras coa mellor foto de Aves; David Frutos Egea, na categoría de Paisaxes; e Joan de la Malla gañador na sección Ser humano e natureza. “É, así, a edición con maior número de fotógrafos españois gañadores nalgunha das categorías”, destacou o concelleiro.

A exposición completa contén 85 imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Plantas e fungos, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e Natureza, Forma e composición, Mellor fotógrafo/a menor de 14 anos, Mellor fotógrafo/a entre 15 e 17 anos. 


O Concello colabora na 6.ª edición de Exporpymes, o encontro de internacionalización empresarial da Coruña

A edila Eva Martínez Acón clausurou o acto de inauguración do evento que este ano reúne máis de 90 importadores de 30 países e
150 empresas galegas exportadoras




Esta mañá a concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, clausurou o acto de inauguración da 6.ª edición de Exporpymes, o encontro de internacionalización empresarial, impulsado pola Cámara de Comercio da Coruña e no que colabora o Concello da Coruña, que reúne no recinto feiral Expocoruña máis de 90 importadores de 30 países e 150 empresas galegas exportadoras, co obxectivo de establecer entre eles novas relacións de negocio.

No acto de inauguración tamén interviñeron o presidente da Cámara de Comercio, Antonio Couceiro, o deputado provincial, José Ramón Riobóo, a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, e o director da área Internacional do Igape, Augusto Álvarez Borrás.

Martínez Acón felicitou a Cámara por esta nova edición que “cada ano amplía o número de participantes e permite o acceso a importadores aos que, doutro xeito, sería difícil que puidesen acceder as pemes galegas” e valorou o evento como “mecanismo eficaz para poñer en común e establecer relacións bilaterais entre as empresas galegas e as pemes e importadores”.
Canto ás exportacións máis aló de Europa, a edila sinalou que “aínda que o 70% das exportacións de bens se centraron no noso continente, é necesario abrir outras opcións” e asegurou que as administracións deben “apoiar a industria cunha aposta clara pola innovación para facer as nosas empresas competitivas e que lles permita acceder a novos mercados como motor necesario para o desenvolvemento da nosa economía”.

Este ano participan por primeira vez empresarios de Senegal, Tunes, Xordania,
Dinamarca, Suíza, Ghana e Burkina Fasso, ademais dos xa habituais como Estados
Unidos, Reino Unido, Polonia, Moldavia, República Checa, Colombia, Perú, México,
Israel, Turquía, Panamá, Costa Rica, Croacia, Irlanda, Austria, Bulgaria, Etiopía, Alxeria, Togo e Costa do Marfil. Como nas anteriores edicións, terán lugar diferentes misións inversas e os representantes das pemes asistentes terán a oportunidade de manter entrevistas persoais cos importadores destes destinos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario