A Coruña marcha pola diabetes
O
edil de Deportes, Juan Antonio Borrego, presentou esta mañá a IV Marcha Popular pola Diabetes que se realiza este
domingo ás 12.00 horas, organizada pola Fundación de Endocrinoloxía e Nutrición
Galega e o CHUAC
A Coruña, 14 de
novembro de 2019.- O edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, e a xefa do
servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, Teresa Martínez Ramonde, presentaron esta
mañá en María Pita a IV Marcha Popular pola Diabetes que se realizará este
domingo ás 12.00 horas organizada polo Complexo Hospitalario Universitario da
Coruña e a Fundación de Endocrinoloxía e Nutrición Galega.
A carreira, que sairá ás 12.00 horas da Casa da Auga e
discorrerá polo paseo marítimo ata a rotonda dos surfistas e volta, pretende
visibilizar e chamar a atención sobre unha patoloxía cuxa incidencia vai en
aumento e que ten moitas implicacións familiares, así como a importancia que
ten facer exercicio físico e cambiar hábitos na alimentación.
O edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego animou a todas as
coruñesas e coruñeses a participar na carreira: “o domingo temos unha cita
deportiva que nos incumbe a todos, unha marcha á que convocamos a pequenos e a
grandes porque nesta loita por darlle visibilidade á enfermidade é importante
que as novas xeracións saiban dela e a preveñan”.
Pola súa banda, Teresa Martínez, lembrou que os fondos
recadados a través da venda de camisetas serán destinados á Fundación Diabetes
Cero para a investigación sobre a enfermidade. A organización calcula que
aproximadamente 200 persoas, entre nenas e nenos e maiores, “enfundarán a
camiseta pola diabetes”.
Antes da marcha, para conmemorar o Día da Diabetes cuxa
efeméride se celebra hoxe, a Casa da Auga acollerá unhas sesións informativas
nas que as persoas expertas asesorarán sobre distintos aspectos da enfermidade.
Ademais, haberá un espazo para as nenas e nenos con
inchables ás 17.00 horas e poderán gozar de talleres de cociña nos que tamén
poderán participar as persoas adultas. Ás 18.30 horas está prevista unha
exhibición da Policía Local, onde as/os nenas/os poderán interactuar cos
axentes e subirse aos seus vehículos. E, por último, ás 19.30 horas, haberá
unha exhibición canina a cargo de Octavio Villazala do centro canino
Montegatto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario