Traductor

jueves, 14 de noviembre de 2019

Exposición itinerante ´Unha autoestrada detrás do enchufe’


Red Eléctrica inaugura na Coruña  a exposición itinerante ‘Unha autoestrada detrás do enchufe’

Asistiron ao acto a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o presidente de Red Eléctrica, Jordi Sevilla; e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada




A Coruña, 14 de novembro de 2019- Red Eléctrica de España inaugurou hoxe en Palexco a exposición “Unha autoestrada detrás do enchufe”, unha mostra itinerante que se poderá visitar ata o 30 de abril e que foi deseñada e producida pola compañía para explicar de forma didáctica e a través dun percorrido interactivo o funcionamento do sistema eléctrico español e sensibilizar á cidadanía sobre un consumo eficiente e responsable da enerxía. A alcaldesa lembrou a importancia da toma de conciencia da veciñanza polo reto que supón o equilibrio entre a xeración e o consumo. Ademais, destacou que a transición cara ás fontes de enerxía renovables “depende de nós” e que o compromiso ten que vir de forma particular e tamén institucional.

Inés Rey asistiu á inauguración que presentou o presidente de Red Eléctrica, Jordi Sevilla, e na que estivo presente o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e varios concelleiras e concelleiros da Corporación. A comitiva realizou un percorrido pola exposición, que chega agora á cidade, tras o seu paso por Granada, Logroño, Valladolid, Las Palmas de Gran Canaria, Sevilla, Mérida, Tarrasa, Palma de Mallorca, Valencia e Bilbao. Ata a data, recibiu máis dun millón de persoas.  

A mostra aborda as propiedades da electricidade como fenómeno físico, ensina o proceso do subministro eléctrico e explica o reto que supón o equilibrio entre a xeración e o consumo, así como o papel da rede de transporte. A exposición aposta pola interactividade e nela, as persoas visitantes convértense en protagonistas do proceso eléctrico con capacidade para seren actores e actrices responsables e elixiren que, como e cando consumir. Ademais, suxire ideas e aporta recomendacións para un uso racional e eficiente da enerxía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario