Traductor

viernes, 29 de noviembre de 2019

“Eu voto porque me toca” - Gran Maestre da Orde dos Cabaleiros


Persoas con discapacidade representarán a obra teatral “Eu voto porque me toca” este domingo no Centro Ágora

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, presentou no consistorio esta obra impulsada pola Asociación Proxecto Máscaras que trata a reforma do dereito a voto das persoas con diversidade 

A Coruña, 28 de novembro de 2019.- A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira; o presidente da Asociación Proxecto Máscaras, Iago González, e varios representantes desta entidade presentaron hoxe no pazo de
María Pita a obra de teatro “Eu voto porque me toca”, que se representará este domingo ás 16.30 h no Centro Ágora da Coruña no marco do Festigual.
Esta iniciativa está organizada pola Asociación Proxecto Máscaras, unha entidade de carácter cultural que integra as persoas con discapacidade a través do mundo audiovisual, e participan nela as asociacións Aspronaga, Grumico, o colexio Calasancias, Amiga e Adcor, entre outras.
Neira agradeceulles a todas as entidades colaboradoras o seu traballo e por “facer do seu día a día unha realidade da visibilidade” xa que, asegurou, “é de agradecer que a través destes proxectos tan bonitos e do ámbito da cultura se consiga a normalización e a visibilidade das persoas con discapacidade” porque “estas asociacións ensínannos a que os retos son moito máis fáciles cando un se pon a conseguilos”. A edila tamén lles lembrou a todas as persoas asistentes que o vindeiro 3 de decembro “celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade” e dixo do Festigual que se trata dunha iniciativa que está crecendo e cuxos resultados “están sendo máis que satisfactorios” polo que, explicou, “agardamos que se converta nunha referencia cultural en España”.

“Eu voto porque me toca” é o segundo capítulo da sitcom “Na vida pública” que coincide coa reforma que permite que as persoas con diversidade poidan exercer o dereito a voto, as mesmas persoas que este domingo ás 16.30 h representan no Ágora esta obra teatral que tanto as identifica.




Rey destaca a aposta de Benigna
Peña por unha sanidade coruñesa de primeiro nivel 

A alcaldesa, que foi investida como Gran Maestre da Orde dos Cabaleiros de María Pita, impúxolle o medallón de ouro como cabaleiro de honra á presidenta da Fundación San Rafael 

A Coruña, 28 de novembro de 2019.- A alcaldesa foi investida esta tarde como Gran Maestre da Orde dos Cabaleiros de María Pita nun acto no salón de plenos no que ela mesma nomeou como cabaleiro de honra da Orde a Benigna Peña, presidenta da Fundación San Rafael, por toda unha traxectoria exemplar ao frente da institución, formando parte activa dos proxectos do seu marido Rafael Hervada e sendo responsable de Hércules Salud SA, a única firma galega de seguros en asistencia sanitaria. A rexedora destacou a súa valía por crear a Fundación San Rafael e recoller o legado do doutor co obxectivo de seguir apostando pola innovación en proxectos biomédicos que “contribúan a ofrecer unha sanidade coruñesa de primeiro nivel”. 
Ademais, remarcou outro dos principios nos que se fundou a institución como é o de axudar ás persoas desfavorecidas e colaborar con outras entidades sociais. Rey recordou a pasada entrega do premio Rafael Hervada na que os gañadores e gañadoras explicaron con paixón o seu proxecto, “coa mesma paixón que levou a Benigna a presidir a fundación, a min a representar esta cidade e a vós a seguirdes alimentando esta institución que a piques está de cumprir os 30 anos de vida”. 
A alcaldesa valorou as actividades que organiza a Orde para que as coruñesas e coruñeses saiban da súa historia en eventos “que celebrades con tanto mimo e respecto. Sei que entre os vosos propósitos está o de impulsar o Camiño Inglés, que é tamén o noso, e por iso, necesitamos da vosa colaboración para promocionalo e poñelo en órbita”. Rey manifestou a intención do Goberno local de que no vindeiro Xacobeo, a cidade sexa un punto importante nese peregrinar a Santiago de Compostela.  
Seguidamente, impúxolle a Benigna Peña o medallón de ouro da institución, quen agradeceu que pensaran nela para outorgarlle esta distinción.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario