A III Copa Ibérica de Rugby Feminino disputarase entre o
C.R.A.T. e o Sporting de
Lisboa este domingo en Elviña
A alcaldesa, Inés Rey, e o edil de Deportes, Juan Igancio
Borrego, presentaron o encontro esta tarde no concello.
Esta tarde presentouse no Pazo de María Pita a III Copa Ibérica de Rugby
Femenino que se disputará o vindeiro domingo día 10 de novembro ás 12.00 horas
no campo universitario de Elviña entre o C.R.A.T. Residencia Rialta, a equipa
coruñesa campiona da Liga Iberdrola, e a de Portugal, o Sporting de Lisboa que
ademais defende o título obtivo no curso pasado.
Ao acto de presentación asistiron a alcaldesa da cidade,
Inés Rey; o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego; o presidente do
C.R.A.T., Pedro López-Sors; os directivos do club, Santiago Luaces, Luis
Vallines e Jesús Collar; os adestradores, Jos Portos e Rogelio Sabio; a
delegada do C.R.A.T., Belén Iglesias; a capitana, Mónica Castelo; e a xogadora
Judith Hernández.
O edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, desexoulles moita
sorte ás xogadoras da equipa herculina e, pola súa banda, a rexedora Inés Rey
valorou o encontro deste domingo como “un éxito máis para a cidade da Coruña na
normalización do deporte feminino e máis ainda ao tratarse dun deporte
minoritario, como é o Rugby, ao que desde este Concello apoiamos plenamente e lle
desexamos que adquira a visibilidade que se merece”.
O C.R.A.T., que levará na súa equipación a imaxe de María
Pita, ten a oportunidade de sumar o primeiro título da tempada neste encontro
ao que os afeccionados poden asistir por un valor testemuñal de 2 euros que se
destinarán a asociacións benéficas da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario